PRESENTADA A FINAL 4 INFANTIL QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO ROSAL

Final 4 Infantil Masculina e Feminina foi presentada oficialmente en A Casa da Pintora, no Rosal, nun acto institucional que serviu como antesala dunha das citas máis destacadas do balonmán galego de base.

No acto participaron Ánxela Fernández, Alcaldesa do Concello do Rosal; Xisela Aranda, Directora de Deportes da Deputación de Pontevedra; Blanca García-Señoráns, Directora territorial de Presidencia da Xunta de Galicia; Bruno López, Presidente da Comisión Xestora da Federación Galega de Balonmán; Andrés Serra, Presidente da SD Atlético Novás; José Carlos Martínez, Concelleiro de Deportes, Educación e Turismo do Concello do Rosal; Germán Fernández, Concelleiro de Vías e Obras do Concello do Rosal; e Carla Abad e Francisco Javier Rodríguez, membros da Comisión Xestora da Federación Galega de Balonmán, ademais de patrocinadores e representantes do club organizador.

Durante a presentación puxéronse en valor tanto a importancia desta fase final como o papel do SD Atlético Novás como entidade organizadora, así como a colaboración das institucións implicadas para facer posible un evento que converterá ao Rosal no epicentro do balonmán galego da categoría infantil durante a fin de semana.

HORARIOS DA COMPETICIÓN

A Final 4 disputarase ao longo dos días sábado 18 e domingo 19 de abril, co seguinte calendario:

Sábado 18 de abril
10:30h GASPO OCCIDENT BM Cangas – Cisne Omma Arquitectura
12:15h Balonmano Porriño A – BM Línea21 Mi Barrio
16:30h Valinox Novás – Chiringo Duna Bueu Atl. Balonmán
20:30h CM Culleredo Ares y Fuertes – BM Línea21 Restaurante Cho

Domingo 19 de abril
11:00h 3º e 4º posto feminino
12:45h 3º e 4º posto masculino
16:00h Final infantil feminina
18:00h Final infantil masculina

ENTRADAS E ACCESO

As entradas para asistir ao evento poden adquirirse a través da seguinte ligazón proporcionada polo club:
https://app.cluber.es/clubes/5506de7906126ddf04e8cc49ab8f5a0289e169dd/pagos/69dd3634ac2fe548170374

Ademais, a entrada será de balde para menores de 0 a 16 anos, facilitando así o acceso ao evento para familias e público máis novo.

Desde a organización anímase a toda a afección a achegarse ao Pavillón Javi Díaz, O Rosal para gozar dunha fin de semana de balonmán base ao máis alto nivel, apoiando aos equipos participantes nunha cita que promete emoción e espectáculo.

Así mesmo, quérese agradecer o traballo do SD Atlético Novás como club organizador, así como a implicación do Concello do Rosal e das diferentes institucións colaboradoras, fundamentais para o desenvolvemento desta Final 4.