Non podemos estar parados! Seguimos aproveitando este tempo sen competición para traballar intensamente noutras facetas. Desta forma, esta fin de semana tivemos unha xornada de formación online para o colectivo arbitral, sobre a planificación da próxima tempada.
Nesta oportunidade, a charla foi ofrecida polo compañeiro Rubén Cividades, que foi o encargado de facer un repaso por temáticas fundamentais para os nosos árbitros e árbitras, como a elaboración das actas dixitais e a edición de vídeos para repasar as actuación. Nos vindeiros días continuaremos con estas charlas, nas que todas e todos aprendemos dos nosos compañeiros, que nos explican os seus trucos e nos aportan a súa experiencia persoal.
Como ben sabedes, a área de formación da Federación Galega de Balonmán, dirixida por Carla Abad, adquiriu un papel determinante durante o confinamento pola crise sanitaria provocada polo COVID-19, xa que aproveitamos este parón obrigado para reforzar e mellorar a formación dos diferentes estamentos que conforman o balonmán galego.
tamoxifen menopause: buy tamoxifen citrate – does tamoxifen make you tired