A formación comezará o vindeiro 4 de novembro e ofrece unha gran oportunidade para avanzar na carreira como adestrador/a de balonmán. A Federación Galega de Balonmán anuncia a apertura do prazo de inscrición para o Curso de Adestrador/a Territorial, destinado a aquelas persoas que desexan seguir avanzando na súa carreira formativa no mundo do balonmán.