UB LAVADORES VIGO E RUBENSA BM PORRIÑO, CAMPIÓNS DA COPA GALICIA 2022

UB Lavadores Vigo e Rubensa BM Porriño proclamáronse hoxe no Gatañal campións da Copa Galicia 2022 en dous partidos tremendamente disputados e loitados ata o final.

FINAL DA COPA GALICIA MASCULINA

33. UB Lavadores Vigo: David Buxo, Adrián Suárez (5), Manuel Martín, Mario Chan, Diego Pérez (13), Mario Oterino, Diego Lluque (3), Diego Fernández (1), Alexandre Silva, Esteban Carballido (1), Carlos Veloso, Asier Cerqueira (4), Pablo Gándara (5), Enrique de la Torre (1).

32. Indupor BM Porriño: Fernando Mosquera (10), Fabián Taboada, Íñigo Silva (3), David Moreiras (1), Gabriel Isidro (2), Eduardo Alonso (3), Martín Brandariz (6), Jesús Maquieira (2), Aitor Rodríguez (1), Xosé Canedo (1), José Álvarez, Martín Rodríguez (2), Eloy Fernández, Miguel Guedes, Nahum Pérez (1), Juan Rodríguez.

Árbitros: Pablo Torreiro e Sergio Murillo. Excluíron dous minutos a Diego Lluque (Lavadores) e Íñigo Silva, Eduardo Alonso (2), Jesús Maquieira, Xosé Canedo e Juan Rodríguez, polo BM Porriño.

Parciais: 3-0, 6-3, 10-6, 11-10, 15-13, 16-18 (descanso), 19-21, 24-23, 26-25, 29-28, 32-30, 33-32 (final).

Incidencias: Final da Copa Galicia feminina, disputada no Pavillón do Gatañal, cun bo ambiente nas bancadas. Diego Pérez (Lavadores)  foi elixido mellor xogador do partido.

Fotos: Xoel Gil

A final masculina foi a primeira en disputarse  e cun gran inicio por parte do conxunto vigués, que logrou adiantarse no marcador con distancias de ata cinco tantos (9-4, min. 12), con rápidas saídas en ataque que pillaba a defensa rival descolocada. A partir de aí, comezou a remontada do Indupor BM Porriño, grazas a unha boa defensa e a aportación do meta Guedes, que creceu baixo paus. As contras do Porriño significaban goles rápidos e así o conxunto dirixido por Dani Benaches logrou darlle a volta ao marcador para poñerse por diante  antes do descanso. 16-18, ao remate dos 30 minutos iniciais.

A segunda parte discorreu tremendamente igualada, con moitos empates no marcador e distancias mínimas, para chegar a un final de infarto. A falta de cinco minutos, o Lavadores tiña dous tantos de vantaxe (32-30), pero o Indupor logrou igualar en menos de dos minutos (32-32). Os últimos minutos foron de infarto. Diego Pérez volveu poñer por diante no marcador ao conxunto vigués (33-32), pero houbo sufrimento ata o final. O Porriño tivo a opción de igualar o partido cun lanzamento de sete metros co tempo xa finalizado, pero o lanzamento de Fernando Mosquera, que levaba dez tantos, estrelouse no pau. Así, triunfo para os vigueses na Copa Galicia 2022!

FINAL DA COPA GALICIA FEMININA

36. Rubensa BM Porriño: María Lago, María Groba (6), Ithaisa Trigo (2), Andrea Cristina Amarilla (3), Ángela Romero, Inés Pereiro, Paula Cortiñas, Carme Castro (9), Lucía Castiñeira (1), Antía Ubiña, Marta Groba (8), Mencía Lorenzo (2), Carla Rivero, Carla Baltasar (6), Alba Rodríguez, Begoña Otero.

30. Oliveira&Faro Saeplast Cañiza: Alexia Penabella, Sara Carril (3), Emma Pérez, Alba Afonso (4), Sara Román (7), Lucía Afonso (2), Olalla Penabella, Iria Pérez, Ángela Oliveira (3), Carolina González, Sabela Vázquez (1), Alejandra Carballo, Laura Noemí González, Pamela Arca, Yaiza Alonso (5), Laura Morais (5).

Árbitros: Paula Fontán e Andrea Martínez. Excluíron dous minutos a Ithaisa Trigo (2), polo Rubensa BM Porriño e a Sara Carrol, Sara Román e Ángela Oliveira, polo Cañiza.

Parciais: 4-4, 8-7, 11-9, 14-10, 15-13, 17-15 (descanso), 19-15, 22-17, 25-22, 28-25. 31-28, 36-30 (final)

Incidencias: Final da Copa Galicia feminina, celebrada no Gatañal, cun magnífico ambiente na bancada. Marta Groba (Rubensa BM Porriño), MVP da final.

A continuación, xogouse a final feminina entre Rubensa BM Porriño, que defendía o título do pasado ano, e Oliveira&Faro Saeplast Cañiza. Tamén foi un partido igualado, a pesar do que dí o resultado final. Nos primeiros dez minutos, intercambio de goles e continuos empates (7-7). A partir de aí, o Porriño logrou escaparse no marcador de ata cinco goles, grazas a aportación en ataque de Carme Castro (14-9, min. 18), pero unha nova reacción do Cañiza logrou volver a meter emoción ao partido para alcanzar o descanso só dous tantos abaixo (17-15).

Na segunda metade, parecía que o Rubensa ía resolver o partido, pero o Cañiza se resistía e lograba recortar para poñerse novamente a dous tantos (24-22, min. 44). Foi aguantando ata case os últimos minutos a só tres goles (31-28), pero era necesario arriscar e así o conxunto dirixido por Abel Estévez logrou abrir distancias no marcador.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *