UB LAVADORES XOGARÁ A FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA EN VIGO, MENTRES QUE O INDUPOR BM PORRIÑO VIAXA A TORRELAVEGA

Xa se coñecen como vaI ser a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de maio. UB Lavadores, campión galego,  xogará o seu sector na casa, mentres que Indupor BM Porriño (subcampión) terá que desprazarse ata Torrelavega.

A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer hoxe a composición dos sectores da fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina. O sector A celebrarase en Vigo, coa participación do UB Lavadores Vigo como equipo anfitrión (1º Galicia), Aula Valladolid (2º Castela e León), Rocasa (1º Canarias) e Grupo Astur (1º Asturias). No caso do Indupor BM Porriño formará parte do sector B, que se celebrará en Torrelavega (Cantabria) e no que se enfrontará a Bathco BM Torrelavega (1º Cantabria), Indupime Basauri (2º Euskadi) e Grupo Dromedario BM Viana (1º Castela e León). So ascenderá o primeiro clasificado de cada grupo (son seis en total).

Debes ser identificado introducir un comentario.