UN TRIUNFO, DOUS EMPATES E TRES DERROTAS NA PRIMEIRA XORNADA DO CESA 2020

Un triunfo, dous empates e tres derrotas. Este foi o balance desta primeira xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se se está a celebrar en Cantabria. Moitos nervios neste primeiro día de competición, no que destacaron os cadetes masculinos, cunha enorme remontada e triunfo ante Cataluña. Ademais empataron as infantís femininas (gran partido) e o combinado xuvenil feminino. Mañá segunda e importante xornada para remontar.

Cadete masculino: Cataluña, 28 – Galicia, 29

28. Cataluña: Eric Lubiano, Ian Barrufet (1), Pablo Guijarro (3), Oriol Rovira (2), Ferrán Castillo (3), Ferrán López, Bernart Povill (2), Jordi Sala (1), Óscar Grau (5), Ezequiel Conde, Ismael Bendress (5), Seka Gallart, Marcos Montiel, Pol Amorés, Xabi Masot (1), Víctor Romero (5).

29. Galicia: Martín Fuentes (3), Manuel Barreiro (1), Roberto Castro (1), Julián García, Manuel Pérez (9), Jorge López, Pablo Gándara (2), Jorge Domato (2), Rubén Sequeiros, Gael Blanco (4), José Manuel Meira (3), Sergio Blond (4), Nuno Loxo, Daniel Pérez, Adrián Pérez, Mateo Díaz.

Árbitros: Omar Fagúndez e Tomás Fernández.

Parciais: 3-2, 7-6, 9-10, 12-12, 15-13, 17-13 (descanso), 18-18, 21-21, 22-22, 23-26, 26-26, 28-29 (final).

Espectacular vitoria da selección galega cadete ante Cataluña, nun emocionante partido, no que houbo remontada e moitos nervios nos instantes finais para pechar un partido de matrícula.

Na primeira metade o partido estivo moi igualado. Nos primeiros minutos mandaba Cataluña, pero con distancias mínimas de 1 ou 2 tantos, pero Galicia sempre estaba aí para empatar. Así, no minuto 22 o marcador era 13-13. Pero estes últimos minutos foron terribles para Galicia que non volveu marcar e Cataluña puido irse ao descanso cunha cómoda vantaxe que non amosaba o sucedido sobre a cancha (17-13).

Na reanudación, foi Galicia quen sorprendeu cun parcial de 5-1, para empatar o partido (18-18, min. 35) cunha gran defensa. O choque continuou moi igualado, pero pouco a pouco íase impoñendo o equipo de César Armán, que lograba vantaxe de ata dous tantos (24-26, min. 50). Os últimos dez minutos foron de infarto, con varias exclusións para Galicia, pero os pupilos de Armán amosaron unha enorme sangre fría sobre o parqué, o que lles permitiu xogar con cabeza e efectividade. Así, e en inferioridade, Gael Blanco logrou o gol decisivo a falta de menos de un minuto para o final e despois os galegos defenderon ben e lograron un triunfo que lles da moito ánimo cara ao futuro.

Mañá, Galicia-Castela e León (16:00 horas)

Infantil feminino: Comunidade Valenciana, 18 – Galicia, 18

18. C. Valenciana: Udane Bernabé, Laura Cecilia Urban, Remei Gallart (2), Andreai Catalina, Lucía Julve (1), Blanca Ipek, Rocío Amorós, Nia Yanes (1), Aurora García (2), Ariadna Zanón (3), Silvia Pardo, Sara Palanques (3), Aitana Carrillo (6), Bianca María Caba.

18. Galicia: Adriana Rial (3), Alba Fernández, Sara Pereira (4), Lucía Castiñeira (2), Yara Pacheco, Nerea Patiño (2), Shaila Fernández, Irene Ríos, Naihara Costas (2), Aine Roca (1), Irene Romero, Inés Bernárdez (3), Lidia Sanda, Iria Augusto, Alejanda Montenegro, Leticia Santos (1).

Árbitros: Lara Martínez e Libertad Martínez.

Parciais: 1-1, 2-4, 4-5, 6-6, 7-8 (descanso), 9-10, 11-11, 13-14, 14-16, 18-18 (final)

Partidazo das minigalaicas que lograron un empate ante Comunidade Valenciana, aínda que por xogo e traballo táctico ben merecían a vitoria.

As galegas estiveron por diante do marcador durante case todo o partido, a pesar da diferenza de talla das valencianas, que eran moito máis fortes e os nervios do primeiro día, que provocaron bastantes imprecisións en ambos conxuntos. Así, as nosas basearon o seu xogo no traballo táctico e na saída ao contragolpe, mentres que Valencia era un equipo moito máis físico.

A falta de dez minutos para o final, as galegas vencían por dous tantos, pero Valencia logrou empatar a 16 tantos cando só faltaban catro minutos. Ata dúas veces lograron adiantarse as galegas, pero o rival tampouco se rendeu. Nos últimos segundos, balón para Galicia, que dispuxo dun lanzamento de falta co tempo parada que saíu fóra por moi pouco.

Mañá, Madrid-Galicia (09:30 horas)

Xuvenil feminino. Navarra, 28 – Galicia, 28

28. Navarra: Gotzone Jaso, Naroa Ros, Maialen Erro (2), Leire González (2), María Echarri (1), Miren Chavarri, María Soto, Haizea Amatria (2), Elisa Urbiola (1), Aileen Ripa (10), Alba Moreno (1), Itahisa Castillo (3), Miriam Semberoiz, Idoia Ainciburu, Zuhara Zaratiegui (1), Amagoia Laínez (5).

28. Galicia: Lucía Afonso (1), Patricia Mallo (1), Sabela Miniño (2), Antía Estévez, Antía Seijo (5), Adriana Mallo (5), Carme Castro (9), Marta da Silva (2), Area Martínez, Sara Román, María Currás, Goretti Miguel, Laura Magdaleno (2), Anastasija Doder, Ithaisa Trigo (1), Adriana Ayude.

Árbitros: Jordi Pinilla e Eric Deirós.

Parciais: 2-1, 2-3, 5-6, 5-9, 9-11, 11-14 (descanso), 14-16, 17-19, 18-23, 21-25, 24-27, 28-28 (final)

A selección galega xuvenil feminina deixou escapar unha renta de catro goles e finalmente empatou con Navarra, nun partido no que os nervios foron decisivos.

Menos no 2-0 inicial, Galicia foi sempre por diante no marcador, con distancias curtas, e sempre coa sensación de que non se atopaban cómodas na cancha de xogo. Pola súa banda as navarras, con moita garra e pouco que perder, estaban encantadas de esta situación e lograban seguir aí, con opcións de darlle a volta ao marcador. Ao descanso, 11-14 para Galicia.

Na segunda metade nada cambiou, aunque que en torno ao minuto quince parecía que por fin Galicia conseguía romper o partido ao lograr cinco tantos de vantaxe (18-23), pero non. A falta de cinco minutos, as rapazas de Carla Abad gañaban por tres tantos, pero os nervios e as perdas de balón permitiulle a Navarra acadar o empate final.

Mañá, Castela e León – Galicia (09:30 horas)

Infantil masculino. Asturias, 18 – Galicia, 11

18. Asturias: Dani Mínguez, Carlos Canal (1), Javier Villarreal (1), Gonzalo Pulgar (3), Nicolás Moquete, Diego Ruiz (1), Tomás Bautista (6), Pablo Soriano, Adrián Frade, Mateo García (2), Samuel Arias (3), Adrián Moquete, Iván Pérez, Darío Francisco (1).

11. Galicia: Eloy Pérez, Xurxo Fraga, Brais Cangado, Pablo Veiga (1), Samuel Seijas, Xulio Fernández (1), Lucas Jiménez, Yago Raimúndez, Xoan Fernández (2), Mauro Lago (1), Erik Vázquez (2), Juan Ramón Villar, Alex Alonso, Manuel Lorenzo (4), Nicolás Giráldez, David Failde.

Árbitros: Paulo Barbosa e Jorge Oto.

Parciais: 3-1, 3-3, 4-4, 5-4, 7-5 (descanso), 10-6, 12-7, 14-9, 15-10, 18-11 (final).

Primeira derrota para Galicia no partido inaugural do Campionato de España de Seleccións Territoriais. A primeira metade foi moi igualada, pero un parcial de 5-1 no inicio da segunda decidiu o encontro.

Partido moi igualado na primeira metade, cunha Galicia moi enchufada e traballando como colectivo. Ata o minuto 21, o choque estivo igualado (5-5). Nos últimos minutos Asturias logrou escaparse de dos tantos, aproveitando una inferioridade numérica. Así, ao descanso 7-5 para os asturianos.

O inicio da segunda metade foi decisivo, ao encaixar os galegos un parcial de 4-0, que complicou moitísimo o choque. Pese a todo, a selección galega non se rendeu en ningún momento e loito ata o final intentando recurtar distancias no marcador, pero xa non tivo opcións.

Mañá, Aragón – Galicia (11:30 horas)

Xuvenil masculino: Galicia, 27 – Madrid, 30

27. Galicia: Pablo González, Mateo Arias, Carlos Álvarez (7), Diego Pérez (1), Javier Iglesias, Mario Cancela (2), Alejandro López (4), Jaime Leira, Adrián Bernárdez, Juan Enrique Lago (2), Alejandro Gómez (1), Sergio Álvarez, José Manuel Chao (5), Javier Fernández, Román Arboleya (1), Daniel Virulegio (4).

30. Madrid: Andrés Ruíz, Adrián Trejo, Javier González, David Medina (1), Jaime Fernández (10), Adrián Benito, Mario Nevado (2), Ignacio Salgado (1), Nicolás Lloréns (2), Ionut-Marian, Mario Rodríguez (4), Daniel Esteban (1), Sergi Navalón (1), Adrián Martínez (1), Javier Rodríguez (6), Julián Tarjuelo (1).

Árbitros: Raul Oyarzun e Aritz Zaragueta.

Parciais: 2-2, 4-5, 5-6, 7-9, 9-10, 12-13 (descanso), 15-15, 19-17, 21-22, 24-24, 25-26, 27-30 (final).

Víctor Fernández, aínda que lesionado, está co equipo!

Partido igualado con alternativas no marcador para unha e outra selección que nunca foron superiores a dous goles. Ao descanso, Madrid dominaba por un gol (12-13), aínda que Galicia estaba mellor no xogo colectivo.

Nada cambiaría na continuación e os acertos e erros repartíanse a partes iguais entre ambas as seleccións, facendo das igualadas unha constante. As vantaxes, cando existían, eran mínimas e entrábase no últimos cinco minutos con táboas no marcador. Nestes instantes, Galicia xogaría para poñerse dous goles por diante, pero  o pau repelía un lanzamento franco de Chao e o rexeite supoñería unha contra para que Madrid igualase de novo a contenda. Tería que ser outro protagonista galego, o porteiro Andrés Ruiz, pero nas filas dos da capital, o que ofrecese dúas intervencións importantes a lanzamentos claros no momento máis oportuno para os seus intereses.

A defensa galega pasou as maiores dificultades nestes cinco últimos minutos e unha falta en ataque poñía en franquía o partido para a selección de Madrid. Nos últimos trinta segundos, Galicia arriscou xogando sen porteiro, pero un roubo dos madrileños estableceu o definitivo 27-30.

Mañá, Galicia – Andalucía (09:30 horas)

 Cadete feminino: Galicia, 22 – Euskadi, 26

22. Galicia: Alba Afonso (2), Nerea Arias (6), Lucía Álvarez (1), Lorena Vaello, Lucía Méndez, Helena Sánchez (1), Aroa Fernández (3), Yaiza Alonso (6), Lucía Villamarín, Mara González (1), Marián Mera, Candela Franco, Athenea Barreiro, Carla Baltasar (1), Noelia Solla (1), Carolina González.

26. Euskadi: Nora Vicioso, Leire Parra, Eider Castro (4), Ane Valero (3), Miren Garate (4), Leire Treviño (1), Garoa Sarrionandia (3), Yanis Aguado, Paula Molano (5), Laida Zaballa, Ugazi Manterola (6), Naia Orzaiz, Udane Macazaga, June Zubiaurre, Eider Tapia, Olaia Aizpitarte

Árbitros: Pablo San Emeterio e Javier Ariño.

Parciais: 1-1, 2-1, 4-2, 5-5, 6-8, 9-10 (descanso), 9-13, 14-17, 16-19, 19-22, 20-24, 22-26 (final)

Comezou moi ben o partido as rapazas de Adrián Pumar, que lograron escaparse no marcador, aproveitando as enormes paradas de Marian Mera (4-1, min. 10). Pouco a pouco o partido foi igualándose con moitos erros e imprecisións polos nervios do debut e así, un arriba, un abaixo chegou o descanso.

No inicio da segunda metade cambiaron as tornas e foi Euskadi quen sorprendeu cun parcial de 4-0, que lles permitiu coller aire no marcador e xogar con moita máis tranquilidade. A central vasca foi decisiva nesta segunda metade para abrir a defensa galega. Pese a todos os nervios, as galaicas intentaron remontar cun cambio de defensa e estiveron a piques de poñerse a un gol nun par de ocasións. Pero nestes momentos decisivos, non xogaron ben as súas superioridades, e Euskadi logrou pechar a vitoria.

Mañá, Andalucía – Galicia (16:00 horas)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *