Atlético Guardés-Lanzarote Puerta del Carmen e Liberbank Gijón-Conservas Orbe Rubensa Porriño será os choques cos que os clubs galegos comezarán a tempada 2020/21 da Liga Iberdrola.
Hoxe celebrouse na sede da Real Federación Española de Balonmán o sorteo do calendario da Liga Guerreiras Iberdrola, que comezará os próximos 12 e 13 de setembro, que terá como novidade a división dos 16 conxuntos participantes na máxima categoría do balonmán feminino en dous grupos de 8 equipos cada un. Guardés forma parte do grupo A e o BM Porriño do grupo B.
Esta tempada na Liga Guerreiras Iberdrola disputarase unha primeira fase en sistema de dobre volta, todos contra todos. Os catro primeiros clasificados de cada grupo xogarán unha segunda fase polo título, mentres que os catro últimos clasificados disputarán unha segunda fase pola permanencia. En ambas, os equipos enfrontaranse nun sistema de dobre volta fronte aos rivais do outro grupo, arrastrando resultados e puntos dos rivais da primeira fase. Descenderán os catro peores equipos da fase pola permanencia.
Na seguinte ligazón, tedes o calendario da Liga Iberdrola.
Debes ser identificado introducir un comentario.