XA ESTÁ EN MARCHA A PLATAFORMA DE FORMACIÓN PARA O NOSO COLECTIVO ARBITRAL

Dende hai uns días está operativa, a través da páxina web da Federación Galega de Balonmán, a plataforma de formación para o colectivo arbitral galego.


Esta plataforma ten o obxectivo de axudar ás e os nosos árbitros a continuar a súa formación, refrescar os coñecementos e seguir mellorando día a día. O acceso será a través do miSquad privado de cada integrante do colectivo arbitral, onde poderán ir enchendo os cuestionarios e revisar o regulamento.


Este instrumento que acaba de nacer irá medrando día a día para converterse nun instrumento de traballo fundamental para o colectivo arbitral.

Debes ser identificado introducir un comentario.