A nosa xogadora Alicia Fernández (SCM Ramnicu Valcea) é unha das fixas nas convocatorias das Guerreiras do seleccionador Carlos Viver. Así, unha vez máis, forma parte da última lista de xogadoras convocadas, nesta oportunidade para a disputa de dous compromisos amigables ante Dinamarca o 15 e 17 de abril, ambos no Frederiksborg Centre de Hillerød. Ademais da galega, temos que destacar a presenza da xogadora do Atlético Guardés Paula Arcos, así como do adestrador do Guardés, José Ignacio Prades, como segundo de Viver.
A continuación tedes a lista de convocadas, así como o plan de traballo para as Guerreiras.
Debes ser identificado introducir un comentario.