CHAPELA PRESENTA A FINAL 4 CADETE QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA

Final 4 Cadete Masculina e Feminina foi presentada na mañá de hoxe na Alameda de Chapela, nun acto institucional que serviu como antesala dunha das citas máis destacadas do balonmán galego de base.

No acto estiveron presentes Antonio Cabaleiro, concelleiro de Deportes do Concello de Redondela; María González, presidenta do C.D. Chapela; así como Carla Abad e Francisco Javier Rodríguez, membros da Xunta Xestora da Federación Galega de Balonmán, quen destacaron a importancia desta fase final tanto a nivel deportivo como organizativo.

Durante a presentación púxose en valor o traballo do C.D. Chapela como club organizador, así como a implicación do Concello de Redondela e da Federación Galega de Balonmán para facer posible un evento que reunirá a algúns dos mellores equipos da categoría cadete, tanto en categoría masculina como feminina.

HORARIOS DA COMPETICIÓN

A Final 4 disputarase ao longo das xornadas do sábado 25 e domingo 26 de abril, co seguinte calendario:

Sábado 25 de abril
10:30h Club Cisne Colegio Los Sauces – Librería Dalvi BM Lalín
12:30h BM Culleredo Despreocupate.es – Montaxes Carballo Xiria Branco
16:15h UPI Informática BM Lalín – Instalaciones Parcero BM Cangas
18:15h Fundación Alba Torres Carrera BM Chapela – Balonmano Porriño A

Domingo 26 de abril
10:30h 3º e 4º posto masculino
12:30h 3º e 4º posto feminino
16:15h Final infantil masculina
18:15h Final infantil feminina

ENTRADAS DISPOÑIBLES

As persoas interesadas en asistir ao evento poden adquirir as súas entradas a través da seguinte ligazón:
👉 Compra de entradas Final 4 Cadete

Desde a organización anímase a toda a afección a achegarse a Chapela para gozar dunha fin de semana de balonmán base ao máis alto nivel, apoiando aos equipos participantes nunha cita que promete emoción e espectáculo.

Así mesmo, quérese agradecer o traballo do C.D. Chapela como club organizador, así como a colaboración do Concello de Redondela e das entidades implicadas, fundamentais para o desenvolvemento desta Final 4.