PABLO GONZÁLEZ, CARLOS ÁLVAREZ E DANI VIRULEGIO, CONVOCADOS COS HISPANOS XUVENÍS PARA XOGAR CONTRA ESLOVAQUÍA

Tres galegos (Pablo González, Carlos Álvarez e Dani Virulegio) foron convocados polo seleccionador dos Hispanos Xuvenís, Javier Fernández `Jabato´ para a próxima actividade do combinado español, prevista entre o 3 e o 11 de xullo. A actividade dividirase en dúas fases. Na primeira (do 3 ao 6) os xogadores exercitaranse na Universidade Camilo José Cela de Madrid antes de partir cara a Eslovaquia. Alí desenvolverán a segunda fase onde permanecerán ata o 11 de xullo, para disputar un dobre enfrontamento contra a selección junior do país.

Noraboa aos nosos deportistas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.