O BALONMÁN GALEGO DE LOITO POLO FALECEMENTO DE GENO GÓMEZ

Día moi duro para o balonmán galego. Despois dunha longa enfermidade deixounos un dos nosos, Geno Gómez, xogador, técnico e seleccionador galego. Todos e todas os que o coñecían sabían que era un home que vivía tanto a vida como o balonmán con paixón. E iso quedou claro ata o final. Pediunos que non quería crespóns negros na súa despedida, senón esta canción de AC/DC. E imos cumprir os seus desexos!

Dende a Federación Galega de Balonmán queremos facer chegar a súa familia e amigos/as o noso apoio e cariño nestes duros momentos que están a vivir.

Tanatorio de San Marcos en Marín. Enterro e funeral, mañá sábado (16:15 horas).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *