BALONMÁN SAEPLAST CAÑIZA, EQUIPO DE DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA

O BM Saeplast Cañiza fixo historia e logrou o ascenso á División de Honra Prata Feminina, nun emocionante e axustado partido ante o Unión Financiera (24:23). Foi na segunda xornada, xa que o empate do partido xogado con anterioridade, converteu este nunha final adiantada.

Había unha enorme diferenza de envergadura e idades entre ambos os conxuntos. As asturianas, altísimas e con grandes veteranas, fronte a un equipo case xuvenil, pero cheo de valentía e entusiasmo. Desde o primeiro minuto foi un partido tremendamente traballado, intenso, cunha Pamela espectacular en portería, que parecía por momentos infranqueable. aínda que na outra meta a porteira asturiana tamén estivo a un gran nivel. Así, con tanto protagonismo na portería, houbo poucos goles e alcanzouse o descanso cun 10:10, que reflectía a enorme igualdade que había sobre a pista.

A segunda metade foi diferente. Aínda que con diferenzas curtas, o Cañiza sempre foi por diante. As locais, empuxadas pola bancada e dirixidas por Carla Abad, lograban distancias curtas de dúas ou tres goles, pero o rival reaccionaba e volvía a axustar as forzas. Así, houbo emoción ata o final. Ata que Sara Carril logrou ese último gol, co equipo en inferioridade numérica, que garantía case o triunfo e o ascenso de categoría. Vinte segundos máis, e celebración por todo o alto no Polvorín. O BM Saeplast Cañiza, equipo de División de Honra Prata Feminina!!

24. BALONMÁN SAEPLAST CAÑIZA: Alexia, Sara Carril (1), Ana Rodríguez, Begoña (2), Carla Abad (5), Iria Gómez, Alba Afonso (5), María Montero (4), Alejandra Carballo (4), Ana Orge, Sofía Álvarez, Lucía Afonso (3), Olalla, Emma, Laura Noemí, Pamela.

23. UNIÓN FINANCIERA: Carmen Hevia, Camila (7), Sara Fernández, Jara Canteli (1), Eva Pilar, Elena, Fani Monros (6), Candela Cuesta (1), Marta Ruíz (2), Alba Lafuente, Nuria Fernández, Rocío Garrido (4), Belén Álvarez (2).

ÁRBITROS: Álvaro López e Roberto Argiz. Excluíron dous minutos a Sara Carril (2), Begoña, Carla Abad, Sofía Álvarez, Lucía Afonso, Olalla (2), polo Cañiza e ás visitantes Sara Fernández, Jara Canteli e Rocío Garrido (2).

PARCIAIS: 2-1, 4-2, 4-5, 6-7, 8-8, 10-10 (descanso), 11-10, 13-11, 15-14, 19-16, 22-20, 24-23 (final).

INCIDENCIAS: Segundo partido da fase de ascenso a División de Honra Prata Feminina, disputado no Pavillón Municipal de A Cañiza, cun magnífico ambiente nas gradas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *