ESTA FIN DE SEMANA COMEZAN AS XORNADAS DE OBSERVACIÓN DAS CATEGORÍAS INFANTIL E CADETE PARA AS SELECCIÓNS GALEGAS

Esta era unha das noticias que estabamos desexando contar: Esta fin de semana comezan as xornadas de observación para as categorías infantil e cadete, de cara á configuración das seleccións galegas que nos representarán no Campionato de España de Seleccións Territoriais 2022.

Será a primera das concentracións que se realizarán para comezar a preparar o CESA 2022. En cada unha das categorías, haberá diferentes grupos de traballo por zonas, para evitar grandes desprazamentos e grupos moi amplos. Por suposto, estas xornadas realizaranse cumprindo as medidas de prevención anti-COVID.

A continuación, tedes as diferentes convocatorias de cada categoría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *