Carlos Álvarez, do Cisne, convocado pola selección nacional xuvenil masculina para o Scandibérico

Carlos Álvarez (Club Cisne) foi convocado pola selección nacional xuvenil masculina, para a disputa do Scandibérico, que se celebrará en Suecia (Landskrona) do 25 ao 27 de outubro. Precisamente esta foi a primeira lista do seleccionador Javier Fernández, Jabato, adestrador do Cisne Colegio Los Sauces.

O seleccionador nacional citou aos xogadores o 20 de outubro en Madrid, para dende alí trasladarse a Cabanillas del Campo, lugar de concentración dos Hispanos Xuvenís nos primeiros días. Despois viaxarán o xoves 24 cara a terras escandinavas.

  HORARIOS – TORNEO SCANDIBERICO 2019
25 de outubro – 17:00 h. | Noruega : España
26 de outubro – 17:00 h. | Suecia : España
27 de outubro – 10:00 h. | España : Portugal

No documento adxunto tedes a convocatoria e plan de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *