O xornalista deportivo Antonio Estévez será homenaxeado o vindeiro día 10 de xullo, durante o partido España-Portugal, que se celebrará no pavillón das Travesas de Vigo.
Tanto a Real Federación Española de Balonmán como a Federación Galega queren recoñecer a promoción do noso deporte que Antonio Estévez sempre fai a través das ondas, nas que nunca ocultou que o balonmán é un deporte que lle apaixona. Desta forma, neste partido de preparación para os Xogos de Tokyo ambas institucións entregarán ao protagonista un obsequio en agradecemento ao seu traballo. A Deputación Provincial de Pontevedra tamén se sumará a esta homenaxe.
Será unha tarde de emoción para Antonio, que recibirá este mesmo ano -cando a situación sanitaria o permita- o título de “Vigués Distinguido” polos seus 45 anos de traxectoria profesional falando do deporte vigués.
Thank you for your sharing. I am worried that I lack creative ideas. It is your article that makes me full of hope. Thank you. But, I have a question, can you help me?
Can you be more specific about the content of your article? After reading it, I still have some doubts. Hope you can help me.