FRIGORÍFICOS DO MORRAZO BM CANGAS E CONSERVAS ORBE BM PORRIÑO, CAMPIÓNS DA SUPERCOPA GALICIA

Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Conservas Orbe BM Porriño proclamáronse campións da Supercopa Galicia 2021!

A final feminina entre Conservas Orbe BM Porriño e Mecalia Atlético Guardés foi moi emocionante e tremendamente disputada entre dous equipos que querían a vitoria.

O choque comezou moi igualado, ata que mediada a primeira metade, o Porriño, moi presionante e motivado, logrou distanciarse de ata catro tantos (10:14, min. 25). Nos últimos minutos, o Guardés reaccionou e logrou reducir as distancias a só un gol ao descanso (14:15).

A segunda metade foi tamén moi igualada, aínda que o Porriño levaba a iniciativa, con distancias mínimas. Así se chegou a un final moi igualado, no que o Guardés tivo balón para empatar, pero non puido lanzar e a Supercopa foi para o Porriño (27:28). Anthía Espiñeira (BM Porriño) foi elixida mellor xogadora da final e Estela Carrera (BM Porriño), mellor porteira.

A final masculina xogouse a continuación con Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Cisne Colegio Los Sauces como protagonistas. O encontro tamén comezou igualado, pero superados os primeiros quince minutos o BM Cangas logrou abrir distancias ata chegar ao descanso cun 14:9 a favor do conxunto locatario. Na segunda metade, o Cisne estivo máis firme en defensa e conseguiu reducir distancias ata poñerse a dous tantos no minuto 53 (23:21). Pero o equipo dirixido por Nacho Moyano xogou con moita cabeza estes minutos finais e aumentou a distancia para vencer con comodidade a Supercopa Galicia (26:22). Javi Díaz (BM Cangas) foi elixido mellor porteiro e Álvaro Preciado (Cisne), mellor xogador.

Noraboa a todos!

Debes ser identificado introducir un comentario.