O luns 12 de setembro (17:00 horas) UFEDEGA realizará un novo curso en liña de formación gratuito dirixido a federacións deportivas galegas, clubs e deportistas. Nesta oportunidade o curso será sobre “Novas canles de creación de contido e relación coa comunidade para entidades deportivas».
Todas as persoas interesadas poderán facer a súa inscrición a través da seguinte ligazón