EMOCIÓN AO REMATE DA PRIMEIRA VOLTA DA 1ª AUTONÓMICA MASCULINA

Esta pasada fin de semana rematou a primeira volta na Primeira Autonómica Masculina con moita emoción tanto en cabeza como na zona de descenso.

En cada xornada hai partidos destacados e sorpresas inesperadas. O pasado domingo,  celebrouse un partido que se esperaba apaixonante, xa que se enfrontaban o primeiro e segundo clasificado, Magope Seis do Nadal  e Indupor BM Porriño, respectivamente. Sen embargo non foi tan igualado como se prevía e o conxunto visitante dominou con claridade (23-32). Así, rematou a primeira volta con tres equipos en cabeza (Indupor BM Porriño, Magope Seis do Nadal e BM Culleredo) con só un punto de diferenza entre eles, e tamén unha gran igualdade na cola, tratando de escapar do descenso.

Inicio da segunda volta

Pero se o peche da primeira volta foi emocionante, con este partido no cumio, o mesmo sucede co inicio da segunda volta, xa que os catro primeiros clasificados se enfrontan entre si esta fin de semana.

O líder, Indupor BM Porriño desprazarase a Poio para xogar fronte ao Hospital Capilar Poio Artai (4º clasificado), mentres que o Seis do Nadal (2º) recibe ao Culleredo (3º), ambos igualados a puntos, nesa loita pola segunda posición.

E na zona baixa da táboa, tamén partidos moi emocionantes. O colista, o Valinoz Novás B (2 puntos) enfrontarase ao BM Chapela 1, que tamén transita pola zona de perigo, tras tres derrotas consecutivas e 8 puntos na súa conta. Ademais, BM Tui (con dos puntos) recibe ao Luceros B (5 puntos) noutro choque entre equipos en perigo.

Así que outra xornada apaixonante da nosa Primeira Autonómica Masculina! Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre as competicións galegas, onde poderedes consultar horarios dos partidos, clasificacións, resultados…

304 Comments to “ EMOCIÓN AO REMATE DA PRIMEIRA VOLTA DA 1ª AUTONÓMICA MASCULINA

  1. Edwardgredy dice:

    pin-up 141 casino: pin-up 141 casino – pin-up 141 casino

  2. Edwardgredy dice:

    Pin-up Giris: pin-up kazino – ?Onlayn Kazino

Debes ser identificado introducir un comentario.