Esta fin de semana, Torneo Concello da Guarda de Balonmán Praia

Esta fin de semana (5, 6 e 7 de xullo) celebrarase na praia do Codesal o Torneo de balonmán praia Concello da Guarda, cuarta proba do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019.

Neste torneo participarán máis de 70 equipos das categorías alevín mixto e infantil, cadete, xuvenil e sénior, masculino e feminino. A competición comezará hoxe ás 16 horas e durante tres días poderemos gozar co mellor balonmán praia galego.

Nos documentos adxuntos, tes o calendario, os grupos e a clasificación xeral do Campionato Galego de Balonmán Praia, 

Debes ser identificado introducir un comentario.