AS SELECCIÓNS GALEGAS APURAN A SÚA PREPARACIÓN PARA O CESA COS COMBINADOS DE PORTO E ASTURIAS

Presentase unha fin de semana moi intensa para as seleccións galegas de cara á súa preparación para o CESA 2024.

Mañá sábado 18 de novembro, as seleccións cadetes e infantís comenzarán o día con adestramentos no Pavillón O Sequelo, en Marín; para preparar os encontros que disputarán pola tarde contra as seleccións de Porto; os horarios serán os seguintes:

  • 17:00 horas. Pavillón O Sequelo (Marín). Galicia (IF)-Porto
  • 17:00 horas. Pavillón Municipal de Pontevedra (Pontevedra). Galicia (IM)-Porto
  • 19:00 horas. Pavillón O Sequelo (Marín). Galicia (CF)-Porto
  • 19:00 horas. Pavillón Multiusos da Xunqueira (Pontevedra). Galicia (CM)-Porto

Unha vez rematada a xornada, as seleccións galegas partirán rumbo a Viveiro, para afrontar a xornada de domingo, na que xa estarán acompañadas dos combinados xuvenís para enfrontarse ás seleccións do Principado de Asturias:

  • 11:00 horas. Pavillón Municipal de Viveiro (Viveiro). Galicia (IF)-Principado de Asturias
  • 12:00 horas. Pavillón Municipal de San Cibrao (Cervo). Galicia (IM)-Principado de Asturias
  • 12:45 horas. Pavillón Municipal de Viveiro (Viveiro). Galicia (CF)-Principado de Asturias
  • 15:45 horas. Pavillón Municipal de Viveiro (Viveiro). Galicia (CM)-Principado de Asturias
  • 17:30 horas. Pavillón Municipal de Viveiro (Viveiro). Galicia (XF)-Principado de Asturias
  • 19:15 horas. Pavillón Municipal de Viveiro (Viveiro). Galicia (XM)-Principado de Asturias

Ao mesmo tempo, o domingo pola mañá a actividade seguirá tamén en Pontevedra, no Multiusos da Xunqueira, onde as seleccións de Porto se enfrontarán á SAR de Redondela en categoría cadete feminina e ao Bueu Atlético Balonmán en categoría cadete masculina; para posteriormente dar paso ao debut do Grupo de Detección e Desenvolvemento de Talentos Deportivos da Federación Galega de Balonmán (Grupo DDTD) contra os combinados portugueses.

O Grupo DDT creouse no mes de setembro co obxectivo de traballar cun grupo de 60 xogadores/as en idade alevín e infantil de cara ao seu control e mellora técnico táctica individual e colectiva, ademáis de ser susceptibles de entrar a formar parte das seleccións galegas infantís en calquera íntre no que poida ser necesario; a idea é que o traballo deste grupo se manteña ao longo de todo o ano, xa que participarán en diferentes competicións dentro e fora da nosa comunidade.

Adrián Dubra, Brais Puñal e Lidia Rodiles coordinan o traballo do Grupo DDTD na zona norte, mentres que Roi Gallego, María Doiro e Rodrigo Mariño fan o propio na zona sur. Aquí podedes consultar as diferentes convocatorias para esta fin de semana: