“Víctor García Pillo, Sergio Carballeira e Manolo Campelo comandarán o regreso da selección galega absoluta masculina no memoria Manuel Luaces”

O vindeiro venres día 22 de decembro, ás 20:30 horas, o combinado galego disputará un encontro contra o Cisne Colegio Los Sauces, o partido será no Pavillón Municipal de Pontevedra e estará encadrado dentro do Memorial Manuel Luaces. 

A selección absoluta de balonmán non se reunía dende o ano 2018; nesta ocasión, aínda que non poderá contar na pista con xogadores coma: Rodrigo Corrales, Xoán Ledo, Pedro Rodríguez, Diego Piñeiro, Carlos Álvarez, Álvaro Preciado…; Víctor García Pillo e Sergio Carballeira confeccionaron un plantel xove e con moito futuro. 

Bruno López, presidente do ente federativo recoñece: “somos conscientes de que as datas son complicadas para contar coa maioría dos nosos internacionais, algúns deles estarán no pavillón pero sen poder participar no encontro; esta convocatoria supón un primeiro paso de cara a estandarizar un torneo anual onde poidamos desfrutar do combinado galego; a columna vertebral do equipo con Víctor García Pillo, Sergio Carballeira e Manolo Campelo está garantida, e por suposto que ver de novo a xogadores coma Álex Chan,  Andrés Vila, Aarón Díaz, José Leiras ou Daniel Virulegio, entre outros, vestir a camisola galega é un orgullo para nós”.

O banco galego gozará do coñecemento e veteranía de Víctor García Pillo, que estará acompañado por un dos adestradores do momento, o cal está a realizar unha gran tempada co TM Benidorm na Liga Asobal, o pontevedrés Sergio Carballeira. Os dous terán  ao seu carón a parte da historia viva do Balonmán Galego, ao delegado por excelencia e a unha das mellores persoas e mais implicadas da nosa disciplina, o rosaleiro, o gran José Manuel Fernández Costas, máis coñecido coma “Manolo Campelo”.

O combinado galego estará formado por:

 NOME E APELIDOSCLUB
1ALEXANDRE CHAN BLANCOSAN PABLO BURGOS
2JORGE GARCÍA LLORIASAN PABLO BURGOS
3DIEGO PRADA MENAHANDBOL CLUB EIVISSA
4ARÓN DÍAZ LEDOPUERTO SAGUNTO
5DIEGO MARTÍNEZ VÁZQUEZO.A.R. CIUDAD 1952
6XURXO RIVAS LAGOSD. TEUCRO
7ANDRÉS VILA CARRACEDOBALONMANO NAVA
8MARTÍN DAVILA PORTOBM. CAÑIZA
9MARCOS DORADO ÁLVAREZBM. GUADALAJARA   
10DANIEL VIRULEGIO NIÑOBM. VILLA DE ARANDA
11HÉCTOR GIL ÁLVAREZATLÉTICO NOVÁS
12JOSÉ LEIRAS ESTÉVEZATLÉTICO NOVÁS
13ANDRÉS SÁNCHEZ PEREIROATLÉTICO NOVÁS
14YAGO SANTOMÉ RELLOATLÉTICO NOVÁS
15MANUEL MARTÍNEZ VICENTEATLÉTICO NOVÁS
SELECCIONADORVÍCTOR GARCÍA BORRÁS
ADESTRADORSERGIO CARBALLEIRA JUSTO
DELEGADOJOSE MANUEL FERNÁNDEZ COSTAS

O seleccionador, Pillo comentou: “ é unha boa oportunidade para ver unha selección con mezcla de rapaces novos e xente máis veterana, que sen duda co Cisne darán un bó espectáculo”. 

O encontro estará precedido, ás 18:00 horas, por un amigable da selección galega xuvenil masculina contra o Artai Poio.

Cita obrigada para os/as amantes do Balonmán Galego, o venres 22 de decembro, ás 20:30 horas no Pavillón Municipal de Pontevedra.

A entrada será gratuita.