O PORRIÑO E VIGO, SEDES DAS FASES ESTATAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE MASCULINO E FEMININO

A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer as sedes das fase estatais do Campionato de España Cadete Feminino e Masculino, entre as que figuran dúas localidades galegas: O Porriño na categoría masculina e Vigo, na masculina. As fases disputaranse a fin de semana do 4, 5 e 6 de xuño e o primeiro clasificado de cada grupo logrará a clasificación para a fase final do Campionato de España.

Cadete feminino

Gráficas Lassa Carballal (1º Galicia) será o organizador do grupo A, no que se enfrontrará a Hiper Hierros BM Nava (2º Castela e León), CD Vallecas (3º Madrid), Cartonajes Arregi Aloña Mendi Ke `A´ (1º Euskadi).

Longa viaxe para o segundo clasificado galego, o BM Porriño, que forma parte do Grupo H, que se celebrará en Fuerteventura. Enfrontarase a Morrojable (1º Canarias), Unión Financiera (1º Asturias) e Hand Vall Valladolid (1º Castela e León).

Cadete masculino

O sector A celebrarase en O Porriño e estará composto por BM Porriño (1º Galicia), CP Paideuterión (1º Extremadura), Piscolabis&Melo Galdar (1º Canarias) e Synersight Recoletas At Valladolid (2º Castela e León).

O sector D disputarase en Alcalá de Henares con CD Iplacea (2º Madrid), Sant Martí Voromar A (4º Cataluña), BM Culleredo Indutec Ingenieros e Zaisa Bidasoa Irún (2º Euskadi).

O terceiro equipo galego viaxará a Villafranca de los Caballeros (Toledo) para a disputa do grupo E, no que EMD Villafranca (1º Castela e Mancha), BM Mijas Costa (2º Andalucía), Pizzería Baratto Luceros (3º Galicia) e BM Delicias 360 Pla (1º Castela e León).

Nas seguintes ligazóns tedes a composición de todos os grupos das dúas categorías.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *