Pleno de vitorias para as seleccións galegas na primeira xornada do Torneo Galicia – O Salnés, que se celebrou hoxe en Vilanova de Arousa, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Mañá continuará a competición, preparatoria do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará a comezos de xaneiro en Cantabria.
INFANTIL FEMININO:
Galicia, 27 – Selección Salnés, 15
As minigalaicas comezaron o Torneo Galicia-Salnés cunha contundente vitoria contra a selección do Salnés. O triunfo chegou grazas á activa defensa, que provocou erros no rival e o magnífico contragolpe, que lles permitiu acadar unha importante diferenza no marcador.
Galicia, 27: Silvia Sánchez, Irene Ríos, Adriana Rial (6), Inés Bernárdez (2), Irene Romero, Naihara Costas (3), Yara Pacheco, Alba Fernández, Iría Augusto, Lucía Castiñeira (2), Shaila Fernández (1), Alejandra Montenegro (2), Sara Pereira (4), Estela Misa, Leticia Santos, Nerea Patiño (5), Ainé Roca, Lidia Sanda (2) e Ana Alonso.
Castela e León, 18 – Asturias, 25
INFANTIL MASCULINO:
Galicia, 28 – Selección Salnés, 13
A selección galega comezou cun partido cómodo no torneo do Salnés. Dende o inicio Galicia, cunha moi boa defensa, logrou escaparse no marcador, logrando goles sinxelos en primeira e segunda onda. Tamén se notaron algún nervios nos xogadores, que pagaron o seu debut coa selección galega, e cometeron erros con algunha perda de balón ou despiste defensivo. Pese a todo, chegouse ao descanso con cómodo 14-6.
A segunda parte continuou coa mesma tónica, con algúns erros emendables, pero a brecha seguiu crecendo ata chegar ao 28-14 final.
Galicia, 28: Nicolás Giráldez, David Failde, Xulio Fernández (2), Eloy Pérez (2), Samuel Seijas (1), Alex Alonso (2), Brais Cangado (1), Yago Raimúndez (1), Mauro Lago (5), Xoan Fernández (2), Manuel Lorenzo, Antón Casas, Xurxo Fraga (1), Pablo Veiga, Erik Vázquez (7), Lucas Jiménez (1), Pablo López (2) e Juan Ramón Villar (1).
Castela e León, 31 – Asturias, 27
CADETE FEMININO:
Galicia, 29 – Lavadores, 19
As galaicas mantiveron desde o comezo un alto nivel defensivo no que conseguiron coller vantaxe no marcador, o que lles permitiu, xa na primeira parte, darle minutos a todas as xogadoras, probar situacións de xogo xa adestradas e axustes defensivos para ultimar a defensa cara ao CESA 2020 .
Galicia, 29: Lorena Vaello, Helena Sánchez (6), Aroa Fernández (1), Lucía Álvarez (4), Athenea, Candela Franco (2), Noelia Solla (3), Yaiza Alonso (2), Alba Afonso (2), Marián Mera, Lucía Méndez (2), Carla Vidal, Mara González, Carla Baltasar (3), Carolina González, Nerea Arias, Lucía Villamarín (4) e Blanca Rial.
Castilla e León, 29 – Asturias, 35
CADETE MASCULINO:
Galicia, 34 – Selección Aveiro, 22
Galicia venceu á selección de Aveiro na primeira xornada do Torneo Galicia – O Salnés, cunha moi boa primeira metade e unha máis irregular segunda parte.
Na primeira metade os nosos mozos traballaron moi ben a defensa 5:1 . E soamente encaixaron 6 goles na primeira parte, con moi boas situacións de contragolpe. Na reanudación, houbo moitas rotacións e perdas de concentracion en defensa, ademais de moitos lanzamientos errados en situacións comodas. Isto, xunto coa actuación dos seus porteiros, permitiu ao equipo portugués entrar no partido e mellorar a súa imaxe.
Galicia, 34: Manuel Barreiro (2), José Manuel Meira (2), Nuno Loxo, David Fernández (6), Pablo Gándara (1), Adrián Pérez (1), Manuel Pérez (5), Pablo Sánchez, Jorge Domato (2), Mateo Díaz (2), Rubén Sequeiros (2), Daniel Pérez, Sergio Blond (1), Martín Fuentes (5), Gael Blanco (2), Vicente Domínguez (3), Jorge López e Julián García.
Castela e León, 35 – Asturias, 28
XUVENIL FEMENINO:
Galicia, 43 – Selección Morrazo, 20
Triunfo contundente para as galaicas xuvenís no primeiro partido do torneo O Salnés. As galegas enfrontáronse a unha selección do Morrazo e foron moi superiores. Na primera metade o rival aguantou un pouco máis o ritmo, pero na segunda metade, as rapazas de Carla Abad dominaron con facilidade.
Galicia, 43: Enma Pérez (1), Lucía Afonso (5), Ithaisa Trigo (3), Sabela Minino (3), María Currás (3), Wenjing Cheng (2), Laura Magdaleno (5), Carme Castro (5), Lucía Pérez, Anastasija Doder (2), Patricia Mallo (3), Area Martínez, Verónica De Cristofaro (2), Sara Román (4), Marta Dasilva (5).
Asturias, 27 – Castela e León, 23
XUVENIL MASCULINO:
Galicia, 43 – Asmubal Meaño, 26
Primeiro ensaio da selección xuvenil masculina no torneo do Salnés e primeira vitoria ante o conxunto sénior de Segunda Autonómica Asmubal Meaño.
Os galegos imprimiron un ritmo alto ao seu xogo, sacando partido aos acertos defensivos a través da primeira e segunda onda do contraataque. Por iso é polo que as diferenzas xa fosen amplas a favor da selección galega no meridiano do primeiro tempo (11-2). Ao descanso, o 21-10.
Na continuación e co cambio defensivo de 6:0 a 5:1, a selección tivo máis problemas, evidenciando que hai que traballar para asentar conceptos. As rotacións foron unha constante durante todo o partido co obxectivo de dosificar e observar as evolucións de todos os xogadores nas diferentes facetas desexadas.
Galicia, 43: Javier Fernández, Diego Pérez (4), Mateo Arias (2), Carlos Álvarez (10), Víctor Fernández (1), Anxo Fraga, Alejandro Gómez (6), Jaime Leira (2), Javier Iglesias (3), David Álvarez (2) , Alejandro López (1), José Manuel Chao (3), Román Arboleda (2), Juan Enrique Lago (3), Daniel Virulegio (1), Alejandro Vázquez (3) e Pablo González.
Castela e León, 31 – Asturias, 30
I don’t think the title of your article matches the content lol. Just kidding, mainly because I had some doubts after reading the article.
Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.