CANGAS PREPÁRASE PARA VIVIR O ESPECTÁCULO DA FINAL 4 CADETE MASCULINA

O Concello de Cangas acolle esta fin de semana a Final 4 cadete masculina, que decidirá a última praza galega para o sector nacional.

O evento foi presentado no Salón de Plenos do Concello de Cangas coa presenza de representantes institucionais e deportivos. Óscar Fernández, presidente do Luceros, club anfitrión, destacou o orgullo de organizar unha cita desta magnitude: “unha Final 4 non ten nada que envexar a un sector nacional”. Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, puxo en valor o traballo en conxunto para levar esta competición “á altura do balonmán nacional”.

A alcaldesa Araceli Gestido e o concelleiro de deportes, Eugenio González, coincidiron en sinalar que “a canteira xa é marca Cangas, cada evento é un éxito” e  “Cangas vive por e para o balonmán”.

sábado 3 de maio xogaranse as semifinais: 

11:00h Club Cisne Colegio Los Sauces – Bm Culleredo Despreocupate.es

13:00h Pizzería Baratto Luceros – Balonmán Chapela

domingo, día 4 de maio, disputaranse os partidos polo 3º e 4º posto (10:30h) e a gran final (12:30h) que decidirá ao campión.

Como broche de ouro, o domingo ás 18:30h o Pavillón de O Gatañal acollerá tamén o encontro da Liga Plenitude ASOBAL entre o Frigoríficos do Morrazo e o BM Guadalajara, para pechar unha fin de semana de festa para todo o balonmán galego.