A Secretaría Xeral para o Deporte deu a coñecer a resolución da subvención a clubs polo desenvolvemento de actividades (código de procedemento PR945C), coa listaxe definitiva das entidades beneficiarias, as solicitudes denegadas e as inadmitidas ou desistidas.
Xa que a resolución está pendente de publicación no DOG, os beneficiarios TODAVÍA NON PODEN SOLICITAR O COBRO DA AXUDA nin achegar a documentación xustificativa. Dita publicación no DOG está prevista inicialmente para o venres 10 de xullo, co cal, a solicitude de cobro poderase facer a partir do día 11.
No seguinte enlace podedes ver a resolución co listado das entidades beneficiarias.
Debes ser identificado introducir un comentario.