O I Torneo Interpontes 2025 trae a Pontevedra o mellor balonmán europeo

O Club Cisne Balonmán organiza unha primeira edición do Torneo Interpontes, que se celebrará os días 7 e 8 de agosto no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, reunindo a catro equipos dos cales, dous deles, foron participantes na última edición da EHF Champions League.

O evento contará coa presenza do club anfitrión, o Club Cisne Colegio Los Sauces, xunto ao Frigoríficos do Morrazo Balonmán Cangas como representante galego na Liga Plenitude ASOBAL. A eles súmanse dúas potencias europeas como o Sporting Clube de Portugal e o CS Dinamo Bucarest, dous clubs de referencia internacional que participaron na pasada edición da máxima competición continental.

O calendario da competición será o seguinte:

Mércores 7 de agosto – Semifinais:

  • 19:30 h – Club Cisne Colegio Los Sauces vs CS Dinamo Bucarest
  • 21:30 h – Frigoríficos do Morrazo Balonmán Cangas vs Sporting Clube de Portugal

Xoves 8 de agosto – Xornada final:

  • 19:30 h – Partido polo terceiro e cuarto posto
  • 21:30 h – Final

As entradas para o torneo xa están á venda a través de Cluber e tamén estarán dispoñibles en taquilla durante os días de competición. O prezo do abono para os dous días é de 30 euros, mentres que a entrada por xornada terá un custo de 20 euros. Os menores de 13 anos poderán acceder de forma gratuíta.

Enlace directo para a compra de entradas:
https://app.cluber.es/legacy/clubes/5af13d5f1fc228e2b9ea6043b4952cec083fcc5c/pagos/686d701440e97831531293

Este I Torneo Interpontes 2025 supón unha oportunidade única para gozar en Galicia de balonmán de alto nivel internacional, cun cartel de luxo e un escenario privilexiado como é o Pavillón Municipal de Pontevedra. Desde o club organizador anímase á afección galega a asistir e desfrutar dun espectáculo deportivo de primeiro nivel.