A SELECCIÓN GALEGA ABSOLUTA FEMININA RUMBO Á «XIII COPA DE LES NACIONS»

A Selección Galega Absoluta Feminina disputará hoxe e mañá, en Sant Cugat del Vallès a «XIII Copa de Les Naciones».

O combinado galego partiu hoxe do aeroporto de Peinador rumbo a Barcelona, dende onde se desprazará a San Cugat para afrontar o primeiro reto fronte a Euskadi ás 19:30. O formato de competición é de eliminatorias (semifinais e final), o gañador do encontro enfrontarase ao dia seguinte, na final (13:00 horas) ao vencedor da outra semifinal entre Cataluña e Gran Bretaña.

O equipo que dirixen Anxo Otero (UB Lavadores) e Manuel López (EBm Xiria) estará formado por:

  • PORTEIRAS: Begoña Otero (Bm. Porriño) e Lidia Portera (AD Carballal)
  • EXTREMO DEREITO: Carme Castro (Bm. Porriño) e Sabela Miniño (Asmubal Meaño)
  • PIVOTE: Carmen Prelchi (Bm. Porriño) e Noelia Solla (SAR)
  • EXTREMO ESQUERDO: Lorena Pérez (Grafometal Sporting La Rioja) e Sandra Fernández (SAR)
  • CENTRALES: María Pereira (AD Carballal) e Antía Seijo (AD Carballal).
  • LATERALES: Marta Groba (Bm. Porriño), Sarai Sanmartin (Bm. Porriño), Aitana Santomé (Bm. Porriño) e Carla Rivas (Grafometal Sporting La Rioja).

Os encontros poderá seguirse a través da canle de Youtube da Federación Catalana de Balonmán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *