Convocatoria de axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel

A Fundación Deporte Galego  publicou hoxe mércores 16 de outubro, no Diario Oficial de Galicia, o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2019, baixo a denominación  Convocatoria de AXUDAS DGAN 2019”e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel. 

Esta convocatoria conta con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2018 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores). As devanditas bases desta convocatoria estarán á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende mañá xoves 17, data na que comezará o prazo de presentación de solicitudes, rematando o vindeiro mércores 30 de outubro de 2019.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *