Xa estamos nas últimas semanas de preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, CESA 2022 e o traballo é cada vez máis intenso. Os corpos técnicos das nosas seleccións queren aproveitar a longa Ponte da Constitución para adestrar e xogar.
Desta forma as nosas seleccións están concentradas dende hoxe sábado 4 ata o luns 6 en Sarria, e durante esta concentración celebrarase o Torneo de Seleccións Territoriais Galicia-Asturias (días 5 e 6 de decembro, en Sarria e Láncara).
E despois dun día de descanso para os nosos combinados, volvemos a actividade o día 8, coa celebración do I Torneo Internacional Galicia no Pavillón da Sangriña, da Guarda. No mesmo participarán as seleccións galegas das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina), que se enfrontarán aos clubs Jovem Almeida Garret e Porto, de Portugal.


A continuación, tedes as convocatorias das diferentes seleccións.