ESTAMOS DE VOLTA!

Oito meses despois regresas as competición autonómicas! Esta fin de semana comeza a competición para a Primeira Autonómica Masculina e Feminina e damos así o primeiro paso para o que todo o balonmán galego leva moitos meses traballando.

Meses de incerteza, de dúbidas, pero tamén de ilusión, de gañas, de traballo e de confianza. De confianza en que iamos polo bo camiño e que se faciamos as cousas ben volveríamos a competir. Con todas as medidas de seguridade necesarias, pero volvemos facer o que máis nos gusta!

Arrincamos coa Primeira Autonómica Masculina (con 12 equipos divididos en dous grupos) e Feminina (15 equipos divididos en dous grupos), nun novo formato adaptado as circunstancias. Porque as circunstancias son excepcionais e sabemos que é prioritario cumprir os protocolos para protexernos da COVID-19. Así, comezamos unha tempada na que a máscara será unha prenda máis da vestimenta obrigatoria para os equipos; na que o colectivo arbitral, tamén con máscara, estreará o chifre electrónico; na que haberá más descansos; na que teremos menos público nas bancadas; no que teremos que acostumarnos a lidiar con aprazamentos, pero na que… Volvemos as canchas, a competir, a xogar, a gozar do balonmán… A ser nós!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *