O CESA 2022 está cada vez máis preto e as seleccións galegas avanzan na súa preparación. O domingo 13 de marzo todos os combinados terán sesión de adestramento, as masculinas en Sanxenxo e Poio e as femininas en Redondela.
As seleccións femininas están convocadas no Pavillón Municipal a Bombonera, sendo a cadete a primeira en adestrar. A continuación tedes as convocatorias co plan de traballo e horarios.
Pola súa banda, as seleccións masculinas adestrarán en Sanxenxo (cadete e xuvenil) e Poio (infantil). A continuación, as convocatorias.