ASMUBAL MEAÑO E CDEC LAVADORES XOGARÁN COMO VISITANTES A FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA B

A RFEBM deu a coñecer hoxe a distribución dos grupos para a fase de ascenso a División de Honra Prata Feminina B e os dous clubs galegos (Asmubal Meaño como campión e CdeC Lavadores, como subcampión) terá que facer as maletas.

O Lavadores forma parte do sector A que se disputará en Guardo (Palencia), e no que competirá con Fuentes Carrionas (1º de Castela e León), Colomer Dental Algeciras (3º de Andalucía) e Grupo IMQ (1º de Asturias). Pola súa banda, o Asmubal Meaño ten a viaxe máis longa, xa que terá que desprazarse ata Canarias para disputar o sector F en Telde (Las Palmas) , onde xogarán contra Rocasa (1º Canarias), BM Alcobendas (2º Madrid) e Handbol Ascó (2º Cataluña). So acadará o ascenso o primeiro clasificado de cada grupo.

1 Comment to “ ASMUBAL MEAÑO E CDEC LAVADORES XOGARÁN COMO VISITANTES A FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA B”

  1. Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *