Hoxe celebrouse o sorteo da Copa do Rei de balonmán, que se celebrará en Antequera do 25 ao 27 de marzo e o Frigoríficos do Morrazo BM Cangas xa ten rival para os cuartos do final: Abanca Ademar León. Ademais, tamén houbo sorteo da minicopa e o Pizzería Baratto Cangas Luceros formará parte do grupo A xunto a Tierras de Maestros Antequera. Barça Cadet e Abanca Ademar León.

O Consello Superior de Deportes acolleu o sorteo no que houbo representación de todos os equipos participantes. Por parte do BM Cangas acudiron o adestrador Nacho Moyano e o capitán Juan Carlos Quintas. Ademais, tamén asistiu o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e o adestrador Quique Domínguez, actualmente no Anaitasuna.
Tras coñecer o resultado do sorteo, Nacho Moyano destacou o bo momento do Ademar, que leva tres vitorias consecutivas: Agora está nunha racha tremenda, en inercia positiva e nós esperamos ao mellor Ademar posible». Pero recordou que «para nós estar aquí é un premio e imos desfrutar del». No caso de acadar o pase ás semifinais o rival sería o gañador da eliminatoria Barça-Helvetia Anaitasuna.
