RODRIGO CORRALES E XOAN LEDO TRABALLAN ESTES DÍAS EN DÚAS CONCENTRACIÓNS COS HISPANOS

O galego Rodrigo Corrales (Telekom Veszprém HC)  forma parte da convocatoria ofrecida por Jordi Ribera, seleccionador dos Hispanos, para a terceira e cuarta xornada da EHF EURO Cup 2022, nas que se enfrentarán a Croacia. O 5 de xaneiro (17:15 horas) xogarán en Porec (Croacia) e o 9 de xaneiro (18:00 horas) no WiZink Center de Madrid.

No segundo grupo, Xoan Ledo

Pero non remata aquí a actividade dos Hispanos, xa que hai un segundo grupo concentrado nestes días en Granollers no que tamén temos a un porteiro galego: Xoan Ledo (Bidasoa Irún). Este equipo, que xa disputou o torneo de Catar, está a preparar un triangular do Nadal, que se celebrará en Rusia. O primeiro compromiso será ante Arxentina o 7 de xaneiro, mentres que no segundo se enfrontarán a Rusia o 8 de xaneiro.

E trala disputa destes compromisos, o día 10 de xaneiro, será cando Jordi Ribera dea a coñecer a lista definitiva para o Campionato do Mundo de Exipto de 2021, que se celebrará do 14 ao 31 de xaneiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *