ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE MONITOR/A ESPECIALISTA EN BALONMÁN PRAIA

O día 7 de abril finaliza o prazo de inscrición para o curso online de monitor/a especialista en balonmán praia, que comezará a vindeira fin de semana.

O certificado de especialista en balonmán praia – nivel I concede ao seu titular as competencias necesarias para realizar a iniciación dos principios fundamentais do xogo do balonmán praia, así como para promocionar a organización e participación de actividades desta modalidade deportiva, cada vez máis en moda. O prezo desta formación é de 35 euros.

Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre o curso, así como a posibilidade de preinscribirvos no mesmo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.