BM CAÑIZA DISPUTARÁ A FASE DE ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA EN CASA, MENTRES QUE O BM CHAPELA VIAXA AS CANARIAS

BM Saeplast Cañiza disputará a fase de ascenso á División de Honra Prata Feminina na casa, mentres que ao Cíes Obra Civil BM Chapela lle espera unha longa viaxe ata Las Palmas. A Real Federación Española deu a coñecer hoxe as sedes e composicións dos diferentes grupos desta fase estatal, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de xuño.

O sector A disputarase na Cañiza, coa participación do conxunto galego, Unión Financiera (1º Asturias), Puerto del Carmen (2º Canarias) e Deporcyl BM Fuentes Carrionas (Castela e León). Catro equipos loitando polo soño do ascenso de categoría.

Pola súa banda, o Cíes Obra Civil BM Chapela viaxará a Telde (Las Palmas) para formar parte do grupo F, onde se enfrontará ao BM Rocasa (1º Canarias), KH-7 BM Granollers Athletic (2º Cataluña) e CD Iplacea (2º Madrid).

A continuación tedes a composición de todos os grupos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *