ALICIA FERNÁNDEZ, COAS GUERREIRAS UNHA VEZ MÁIS

A galega Alicia Fernández (Ramnicu Valcea) segue sendo unhas das xogadoras habituais nas convocatorias das Guerreiras. Así, na primeira lista do seleccionador Carlos Viver tralo confinamento, a nosa deportista aparece entre as seleccionadas.

As guerreiras volver ao traballo, por primeira vez este ano, despois da cancelación do Preolímpico Feminino 2020, que debía disputarse en Llíria en marzo. As 17 xogadoras están citadas o vindeiro domingo 27 de setembro na estación de Sants en Barcelona para o seu posterior traslado ao Hotel Granollers, onde permanecerán concentradas ata o domingo 4 de outubro.

O obxectivo desta concentración é preparar o Campionato de Europa de Noruega e Dinamarca 2020, que terá lugar do 3 ao 20 de decembro como estaba previsto, senón hai cambios de última hora.

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria e o plan de traballo durante esta concentración.

Debes ser identificado introducir un comentario.