O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, convocou unha asemblea xeral extraordinaria para o próximo sábado 26 de setembro (10:30 horas). Neste encontro tratarase sobre a situación actual do balonmán galego provocada polo estado de alarma provocado pola COVID-19 e presentarase unha proposta de competicións para a tempada 20/21.
Durante todo este período de incerteza para situación da COVID-19, a federación estivo en contacto directo cos clubs para informarlles de todos os pasos que se estaban a dar, así como das negociacións que a federación mantiña coa Secretaría Xeral para o Deporte, buscando solucións para poder iniciar a competición en Galicia.
A asemblea será metade presencial (no salón de actos do Edificio das Federacións (Rúa Luis Ksado, 17 – Vigo) e metade telemática, para todas aquelas persoas que estean a máis de 100 quilómetros de distancia. Na seguinte ligazón tedes a convocatoria da asemblea.
Debes ser identificado introducir un comentario.