A.D. CARBALLAL ORGANIZARÁ A FINAL 4 DA 1ª AUTONÓMICA

O pavillón Manuel González Soto será novamente o epicentro do balonmán galego na loita polas prazas de acceso á fase de ascenso estatal.

A Final 4 da 1ª Autonómica foi presentada na mañá deste xoves, 30 de marzo, ás 12:30 horas, nos aledaños do Pavillón Carballal, xunto á piscina, nun acto que serviu para poñer en valor a fase decisiva da máxima categoría do balonmán galego. O pavillón Manuel González Soto de Chapela acollerá esta fin de semana unha cita clave na que varios dos equipos máis destacados da competición loitarán polas prazas de acceso á fase de ascenso, tanto á División de Honra Prata Feminina como á 1ª Nacional Masculina.

No acto estiveron presentes Blanca García-Señoráns, directora territorial en Pontevedra da Xunta de Galicia; Luisa Sánchez, vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra; Vicente Rúa, representante da A.D. Carballal; así como Patricia Sanmiguel e Francisco Javier Rodríguez, membros da Xunta Xestora da Federación Galega de Balonmán. A presentación contou tamén coa participación de integrantes do corpo técnico e de xogadoras do equipo sénior, que competirán nesta fase final.

Durante o acto puxose en valor a relevancia desta Final 4 como un dos momentos clave da tempada no balonmán galego, destacando o papel do club organizador e a colaboración institucional para facer posible un evento que converterá novamente Chapela nun punto de referencia para este deporte en Galicia.

Cómpre salientar que, aínda que nesta fase se decidirán as prazas para a fase de ascenso estatal, os títulos de campión galego xa teñen dono. No apartado feminino, o Planciber Seis do Nadal – Coia proclamouse campión da 1ª Autonómica, mentres que no masculino o título corresponde ao Poio Artai. Ambos equipos estarán presentes o domingo na entrega de premios para recoller o trofeo que os acredita como campións galegos.

HORARIOS DA COMPETICIÓN

Sábado, 2 de maio
11:00h SAR OPmobility – Noroplaza Atlántico
13:00h Distevi Seis do Nadal – Coia – Balonmán Chapela
18:30h CDEC Lavadores Vigo – Calvo Xiria
20:30h A.D. Carballal – Balonmán Samertolameu

Domingo, 3 de maio
11:00h 3º e 4º posto masculino
13:00h 3º e 4º posto feminino
16:30h Final 1ª Autonómica masculina
18:30h Final 1ª Autonómica feminina

ENTRADAS

As entradas xa están dispoñibles de maneira anticipada na seguinte ligazón:
https://app.cluber.es/legacy/clubes/9c959869b40d88c3e50699170a3ac7514a27e09e/portal/tickets

Ademais, tamén haberá venda física durante o propio evento no pavillón.

A Federación Galega de Balonmán anima a toda a afección a achegarse a Chapela para gozar dunha fin de semana de máximo nivel competitivo, agradecendo o traballo do club organizador, así como o apoio do concello e das distintas institucións implicadas na celebración desta Final 4.