SORTEO COPA GALICIA

Celebrouse hoxe, na sede da Federación Galega de Balonmán, o sorteo da Copa Galicia nas categorías xuvenil, cadete e infantil masculina e feminina, que se celebrarán nos meses de agosto e setembro.

No sorteo estableceuse como quedan configurados os grupos das diferentes categorías, que podedes consultar no seguinte documento adxunto. Nas categorías xuvenís a competición comezará o 10 de agosto, mentres que nas categorías cadete e infantil a primeira xornada disputarase o 6 de setembro.

No inicio do sorteo anunciouse como quedou configurada finalmente a Copa Galicia sénior e a Supercopa masculina e feminina, cuxas fases finaís celebraranse na fin de semana do 29 e 30 de agosto.

No enlace tedes o calendario destas competicións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *