TRIUNFOS DAS SELECCIÓNS XUVENÍS GALEGAS NO TORNEO GALICIA- O SALNÉS

A segunda xornada do Torneo Galicia – O Salnés “Xuntos contra a violencia de xénero” pechouse coas vitorias das seleccións xuvenís e derrotas dos combinados infantil e cadete. Mañá péchase a competición, preparatoria do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará a comezos de xaneiro en Cantabria.

INFANTIL FEMININO:

Asturias, 23 – Galicia, 18

Non puido a selección galega con Asturias na segunda xornada do Torneo do Salnés, nun partido marcado polas perdas de balón e os erros nos lanzamentos claros ante portería. Pero é un encontro máis de aprendizaxe para seguir axustando o traballo que se está a realizar nestas semanas.

Galicia, 18: Silvia Sánchez, Irene Ríos, Adriana Rial (3), Inés Bernárdez (2), Irene Romero, Naihara Costas, Yara Pacheco, Alba Fernández, Iría Augusto, Leticia Santos (1), Lucía Castiñeira (3), Shaila Fernández, Alejandra Montenegro, Sara Pereira (5), Estela Misa (1), Nerea Patiño (2), Ainé Roca, Lidia Sanda (1).

Castela e León, 25 – Selección Salnés, 19

INFANTIL MASCULINO:

Asturias, 29 – Galicia, 23

Rival importante para a segunda xornada do Salnes: Asturias. O partido empezou moi de cara para os galegos, cunha moi boa defensa e moi verticais en ataque para poñer un 1-5 no marcador. Pero durou pouco a alegría. As perdas en ataque fixeron que os asturianos puxesen a igualdade no marcador 6-6. A primeira parte seguiu cun tira e afrouxa por parte dos dous equipos ata o 13-12 do descanso.

A segunda parte comezou de forma oposta, cos asturianos marcando as distancias e empezando a abrir renda cunha boa defensa e contraataques. Os galegos non souberon antepoñerse e a distancia foi abríndose aos poucos polas perdas de balón sobre todo. Final del partido, 29-23.

Galicia, 23: Nicolás Giráldez, David Failde, Xulio Fernández, Eloy Pérez (3), Samuel Seijas, Alex Alonso (5), Brais Cangado (1), Yago Raimúndez (2), Mauro Lago (3), Xoan Fernández (1), Manuel Lorenzo (2), Antón Casas (1), Xurxo Fraga (1), Pablo Veiga (1), Erik Vázquez (2), Lucas Jiménez, Pablo López (1) e Juan Ramón Villar.

Castela e León, 38 – Selección Salnés, 14

CADETE FEMININO:

Asturias, 23 – 18, Galicia

A selección galega cadete feminino caeu derrotada na segunda xornada contra Asturias, despois de facer unha boa primeira metade.

O inicio foi moi bo para as galegas, que dominaron o partido e foron sempre por diante no marcador, iso si, con distancias curtas, polo que Asturias seguía metida no partido. Ao descanso, 11-12 para Galicia.

Na segunda metade, as nosas cometeron más erros e fallaron ante a portería contraria en situacións claras, o que permitiu ás asturianas poñerse por diante e levarse a vitoria final.

Galicia, 18: Lorena Vaello (1), Helena Sánchez, Aroa Fernández, Lucía Álvarez (1), Athenea (1), Candela Franco, Noelia Solla (1), Yaiza Alonso (5), Alba Afonso, Marián Mera, Lucía Méndez (2), Carla Vidal, Mara González, Carla Baltasar (1), Carolina González, Nerea Arias (3), Lucía Villamarín (3).

Castilla e León, 34 – UB Lavadores, 15

CADETE MASCULINO:

Galicia, 24 – Castela e León, 25

Gran partido do noso equipo que marcou durante todo o primeiro tempo  o ritmo do encontro con moi boas acciones defensivas. Ademais, a mobilidade en ataque e o xogo co pivote facía moito dano a Castela e León. Ao descanso, mandaba Galicia por un tanto (13-12).

Na reanudación a igualdade foi a tónica xeral con alternancia no marcador, aínda que os erros de lanzamento fixeron que  os visitantes igualasen a renda de tres goles no marcador. Os minutos finais foron decisivos. Galicia tivo a opción de pechar o partido pero dous erros consecutivos provocaron que os casteláns se marchasen dous goles arriba. Quedaban dos minutos e tras un tempo morto, os galegos adiantaron a defensa para recuperar balóns e chegaron a poñerse a un tanto, pero foi imposible a remontada.

Galicia, 24: Julián García, Jorge López, Vicente Domínguez, Gael Blanco (4), Martín Fuentes, Sergio Blond (1), Rubén Sequeiros (2), Daniel Pérez, Jorge Domato (5), Mateo Díaz (3), Manuel Pérez (4), Pablo Sánchez, Adrián Pérez (1), Pablo Gándara, David Fernández, Nuno Loxo (1), Manuel Barreiro (1), Roberto Castro (2).

Asturias, 43 – Selección Aveiro, 16

XUVENIL FEMENINO:

Galicia, 37 – Castela e León, 30

Galicia superou a Castela e León na segunda xornada do Torneo do Salnés cunha boa dinámica en ataque. Nun partido de preparación, como son estes, a seleccionadora aproveitou para probar diferentes defensas abertas, o que provocou máis erros dos desexados en defensa, mentres que en ataque o equipo realizou unha gran labor, con varias xogadoras aportando goles.

Galicia, 37: Area Martínez, Lucía Afonso (5), Wenjing Cheng, Ithaisa Trigo (3), Anastasija Doder (4), Patricia Mallo (2), Sara Román (3), Laura Magdaleno (6), Marta Dasilva (6), Paula Abeledo, Verónica De Cristofaro (1), María Currás (2), Antía Estévez, Carme Castro (1), Lucía Pérez, Enma Pérez (1), Sabela Minino (3).

Asturias, 27 – Castela e León, 23

XUVENIL MASCULINO:

Galicia, 27– Asturias, 24

Bo partido e bo resultado para a selección galega xuvenil masculina, que sumou unha nova vitoria e ante un gran rival. Os galegos aproveitaron para traballar moito no aspecto defensivo, tal e como lles solicitou o seu adestrador.

Galicia, 27: Javier Fernández, Pablo González (1), Anxo Fraga, Alejandro López (2), José Manuel Chao, David Álvarez (1), Juan Enrique Lago (1), Carlos Álvarez (5), Daniel Virulegio, Jaime Leira, Javier Iglesias (2), Román Arboleya (2), Sergio Álvarez (2), Víctor Fernández (4), Mateo Arias (2), Alejandro Gómez (2), Diego Pérez (3).

Asmubal Meaño, 25 – Castela e León, 35

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *