MAÑÁ COMEZA EN PONTEVEDRA O TERCEIRO MÓDULO DE MÁSTER COACH

A próxima semana celebrarase na cidade de Pontevedra o terceiro módulo do Master Coach, organizado pola Federación Galega de Balonmán, a Federación Española de Balonmán e a Secretaría Xeral para o Deporte. 

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá do 8 ao 12 de xullo o curso da escola de adestradores. Personalidades do mundo do balonmán como Zupo Equisoain, Juan Carlos Zapardiel, Francisco Sánchez, J J. Espina Agulló, Unai Arrieta e Mario Bernardes, serán os encargados de impartir as clases maxistrais e formar aos adestradores nacionais que queren optar a poder dirixir competicións europeas como adestradores nacionais ou de clubs, así como as fases clasficatorias para acceder a elas. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *