A SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA, NAS SEMIFINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CANTABRIA

A selección galega cadete masculina logrou o pase ás semifinais e loitará pola medalla no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria. O resto das seleccións non lograron o pase. A selección xuvenil feminina estivo moi preto, pero finalmente caeu derrotada ante Andalucía.

Cadete masculino: Galicia, 33 – Cantabria, 26

33. Galicia: Martín Fuentes (2), Manuel Barreiro (2), Roberto Castro (1), Julián García (3), Manuel Pérez (8), Jorge López, Pablo Gándara (6), Jorge Domato (3), Rubén Sequeiros (2), Gael Blanco (3), José Manuel Meira, Sergio Blond (2), Nuno Loxo, Daniel Pérez, Adrián Pérez (1), Mateo Díaz.

26. Cantabria: Hugo Esteves, Marko Puente, Javier Maza, Sergio Ricondo (3), Iñigo Infante (1), Martín Canales, Miguel de Cos (5), Javier Castillo (2), Pablo de la Gándara (2), Daniel Benedicto (7), Carlos Gómez (3), Rodrigo González, Pablo Rama (3), Marcos Melkamu, Fernando Díaz, Alejandro Bellota.

Árbitros: Sergio Gutiérrez e Sergio Martínez.

Parciais: 0-0, 2-0, 7-1, 11-5, 15-8, 19-9 (descanso), 21-12, 23-15, 23-20, 27-22, 29-23, 33-36 (final).

O combinado galego cadete volver amosar a mesma solvencia de todo o Campionato para impoñerse ao equipo anfitrión, Cantabria, e lograr así o pase ás semifinais.

Non era o rival máis duro deportivamente, pero estaba asegurado un ambiente hostil no pavillón e así foi. Moitos afeccionados galegos non puideron acceder ao mesmo, ao estar abarrotado e a afección local presionou todo o que puido tanto aos árbitros como ao rival. Pero se algo define ao equipo dirixido por César Armán é a súa sangue fría, a tranquilidade que amosa ao xogar. Así, despois dun inicio moi parello, os galegos comezaron a ampliar a distancia a partir do minuto 10. O ritmo imposto polos galegos era inalcanzable polos locais que eran todo corazón. Así, cando la bucina marcou o final da primeira metade, o resultado era de 19-9 para os visitantes. Na bancada os galegos parecían moitos máis ante a superioridade do conxunto azul.

Tralo descanso, Cantabria saíu decidida a plantar cara e a entrada de xogadores de segunda fila, comezou a facer dano a Galicia que, por primeira vez, sufriu. Ademais nos dez primeiros minutos da segunda metade, o equipo de Armán tivo ata tres exclusións, de forma que xogaron moito tempo en inferioridade, feito que foi aproveitado polos cántabros. Así, no minuto 15, o partido estaba tremendamente igualado e cunha bancada envorcada cos seus (25-23). Pero despois duns minutos de certa desorientación, Galicia volveu tomar o mando, apertou os dentes en defensa para volver correr e cando tiñan ataque posicional, amosaron un gran xogo combinativo e acerto de cara a portería. Impresionante Manu Pérez nestes minutos finais e todo o campionato. Así pecharon o partido e lograron o pase á loita polas medallas.

Mañá enfrontaranse a Navarra, o único equipo que gañou a Galicia neste torneo. Do grupo de Galicia pasaron tres equipos á semifinais o cal da aínda máis valor á boa actuación dos nosos na fase de grupos.

Semifinais: Mañá, Galicia – Navarra  (11:30 horas)

Xuvenil feminino: Galicia, 29 – Andalucía, 31

29. Galicia: Lucía Afonso, Patricia Mallo, Sabela Miniño (1), Antía Estévez, Antía Seijo (11), Adriana Mallo (7), Carme Castro, Marta da Silva (5), Area Martínez, Sara Román, María Currás (2), Goretti Miguel, Laura Magdaleno, Anastasija Doder, Ithaisa Trigo (3), Adriana Ayude.

31. Andalucía: Carolina Jiménez, Jéssica Ojeda (1), María Díaz (5), Elena García, María Pilar López, Claudia Marchesi, Carmen Jiménez, Laura Sánchez (13), Marta Ontiveros (5), Paula Peralta (1), Paula Cabello, Almudena Gutiérrez (1), Marina Moncada, Bárbara Piñeira (5), Andrea Moreno, Ariadna Vázquez.

Árbitros: Óscar Gutiérrez e Jorge Monjo.

Parciais: 3-3, 3-5, 6-7, 10-10, 12-12, 15-15  (descanso), 19-17, 22-20, 25-24, 28-27, 29-29, 29-31 (final).

Partidazo das nosas. Máis claro non se pode dicir. A selección galega xuvenil feminino fixo un partido de escándalo, fronte a un rival moi duro, e non se engurrou en ningún momento, a pesar dos golpes recibidos durante os sesenta minutos ante a permisividade arbitral. Pero non foi suficiente para gañar.

Andalucía parecía o peor dos rivais e o que non querían as nosas rapazas. O que estaba claro é que habería balonmán do bo. E así foi. Dende o mesmo inicio, intercambio de golpes, con moita velocidade e pouco acerto cara a portería. Pola súa banda, os árbitros permitían os golpes das andaluzas en exceso e nos primeiros minutos houbo menos goles e máis paradas. Minuto 15, 6-7. Mediada a primeira metade, comezou a haber máis efectividade en ataque e Galicia mandaba no xogo, aínda que o marcador se resistía. De destacar o gran traballo de Antía Seijo e da meta Adriana. Por momentos, as nosas se ían de dous tantos, pero enseguida recortaba Andalucía e así chegamos ao empate no descanso.


Na segunda metade, o partido seguiu polo mesmo roteiro: Galicia mandaba, Andalucía defendía con excesiva contundencia e os árbitros permitíano.

Galicia chegou a mandar de tres goles en varios momentos (21-19, min. 37), pero custaba irse, sobre todo pola excesiva dureza das andaluzas. Así, sempre con Galicia por diante, chegamos aos dez  últimos minutos (29-27). E nestes instantes finais, as rapazas de Carla Abad fallaron moito en ataque, a pesar de que Adriana seguía moi firme atrás. Con empate a 29 estivemos tres minutos, ata que María Díaz adiantou ás andaluzas. Galicia tivo varias opcións para empatar, pero a meta non o permitiu e así se escapou o pase ás semifinais.

Postos 5º ao 8º: Galicia – Aragón (16:00 horas)

Infantil feminino: Castela a Mancha, 24 – Galicia, 14

24. Castela a Mancha: Lucía Carretero, Virgina Hornero, Celia Garci, Nayra Solis (3), Sara Díaz-Pintado, Patricia Cano (4), Natalia Nieto-Sandoval (4), Cristina López-Caniego (5), Violeta Triguero, Sofi del Castillo (1), Silvia Maeso, María González, Blanca Gómez (2), Arancha López-Escribano (2), Alicia Huertas (3), Cristina Ramos.

14. Galicia: Adriana Rial (2), Alba Fernández (1), Sara Pereira (1), Lucía Castiñeira, Yara Pacheco, Nerea Patiño (3), Shaila Fernández, Irene Ríos, Naihara Costas (4), Aine Roca, Irene Romero (1), Inés Bernárdez (1), Lidia Sanda, Iria Augusto (1), Alejandra Montenegro (), Leticia Santos ().

Árbitros: Lara Martínez e Libertad Martínez.

Parciais: 3-0, 6-0, 8-2, 9-3, 11-4  (descanso), 14-7, 17-9, 19-11, 22-12, 24-14 (final).

As minigalaicas non puideron meterse nas semifinais. Hoxe non tiveron un bo día e, nun inicio moi malo, deron moita vantaxe a Castela a Mancha, que despois foi imposible de remontar. Iso si, como sempre, as nosas nenas se deixaron a alma sobre a cancha.

O partido quedou marcado polo pésimo inicio das nosas xogadoras. Nos primeiros dez minutos non estaban e Castela a Mancha xogou a pracer. En defensa faltou intensidade e en ataque, a defensa rival e a porteira convertéronse nun muro infranqueable para as nosas rapazas, que non atopaban o xeito de marcar. Así, o primeiro gol galego chegou no minuto 11, mentres que as que corrían eras as castelás, apropiándose dunha das facetas favoritas das galaicas.

A partir do primeiro gol, Galicia volveu ser Galicia, igual con menos brillo, polo peso do resultado e a responsabilidade, pero cheo de garra, coraxe e alma. En ataque os problemas eran evidentes ante unha moi boa defensa, e o peor e que as perdas supoñían goles a contra. Así, alcanzouse o descanso cun 11-4 preocupante.

Pero o bo facer deste equipo durante o Campionato ante grandísimos rivais facíanos crer na remontada. Comezaron ben e recortaron algo as distancias, pero Castela a Mancha estivo sempre firme e constante, cunha defensa e unha porteira moi contundentes, que freaban as escasas posibilidades de achegarse. As rapazas de Ana Alonso fallaban moito en ataque o cal se ía reflectindo no marcador, que en vez de minguar crecía e, pouco a pouco, a confianza foi desaparecendo. Pero as nosas son guerreiras e non baixaron os brazos ata o final, a pesar de que a porteira rival xa parecía unha xigante imposible de superar.

Postos 5º ao 8º: Mañá, Canarias- Galicia (09:30 horas)

Infantil masculino; Andalucía, 28 – Galicia, 20

28. Andalucía: Alejandro Gómez, Francisco Javier López, Raúl Jiménez (1), Alfonso Rodríguez (4), Alonso Cañizares (5), Marcos Ruiz, Víctor Barderás (2), Ángel Maldonado, José Luis Castilla (4), Alejandro las Heras, (1) Jaime García, Christian Cavallini (6), Daniel Vaca (2), Gonzalo López, Luis Juárez (1), Mario Francisco Gallardo (2).

20. Galicia: Xurxo Fraga (2), Brais Cangado (3), Pablo Veiga (2), Samuel Seijas, Xulio Fernández (4), Lucas Jiménez, Yago Raimúndez (3), Xoan Fernández, Mauro Lago, Erik Vázquez, Juan Ramón Villar, Alex Alonso (1), Manuel Lorenzo (5), Nicolás Giráldez, David Failde.

Árbitros: Miguel Costas e Adrián Allica.

Parciais: 3-2, 7-3, 12-4, 15-5, 18-7 (descanso),  21-9, 23-12, 24-15, 27-18, 28-20 (final).

A selección galega infantil pouco puido facer ante Andalucía, nun partido no que os nosos fallaron moito en ataque.

O choque comezou con nervios por parte dos dous equipos durante os 5 primeiros minutos (2-2), pero moi pronto se rompeu o partido. O equipo galego non atopaba a forma de superar a defensa andaluza, xogando moi lonxe da liña defensiva e perdendo moitos balóns que se traducían en goles á contra. O seleccionador Adrián Menduíña pediu tempo morto para buscar solucións, pero non serviu de moito. Os galegos non estaba cómodos en ataque e erraban moitos lanzamentos e Andalucía aproveitaba para escaparse no marcador. Así, con esta dinámica, ao descanso 7-18 en contra. Un parcial demoledor para os nosos galaicos.

Tralo paso polo vestiario os galegos conseguiron arranxar un pouco os desaxustes e foron mantendo a renda e mesmo reducíndoa un pouco contra o final para acabar 20-28.

Postos 5º ao 8º: Mañá, Euskadi – Galicia (16:00 horas)

Xuvenil masculino: Cataluña, 34 – Galicia, 27

34. Cataluña: Iker Zudaire, Martí Soler (2), David Matias, Cristian Vila (2), Arnau Fernández (4), Jan Gurri (9), Jan Rof (2), Oriol Zarzuela (1), Pau Morer, Marc Ferre (1), Eduard Sánchez (3), Guillem Pallares (4), Josep Ernest (1), Artur Parera (2), Roberto Domenech (1), Bruno Reguart (2).

27. Galicia: Pablo González, Mateo Arias (9), Carlos Álvarez (11), Diego Pérez, Javier Iglesias (1), Mario Cancela, Alejandro López (1), Jaime Leira, Adrián Bernárdez, Juan Enrique Lago, Alejandro Gómez, Sergio Álvarez,  José Manuel Chao (2), Javier Fernández, Román Arboleya (3), Daniel Virulegio ().

Árbitros: Alejandro Hoz e Axel Riloba.

Parciais: 4-3, 5-5, 8-7, 13-7, 14-10, 17-14 (descanso), 20-15, 23-16, 24-17, 26-21, 30-22, 34-27 (final)

Non puido ser. A selección galega xuvenil intentou con todo fronte a Cataluña, a gran favorita para levarse o título neste CESA. Os galegos, como fixeron en todos os partidos do torneo, competiron ata o final, pero non foi suficiente.

A primeira metade estivo moi igualada, cunha Galicia seria e, cando era necesario, atrevida. Así, os galegos tiñan un plan moi arriscado para remontar, que era xogar sen porteiro e claro, unha perda de balón era gol en contra case seguro. Na primeira metade, as veces que apostaron por esta estratexia non saíu mal, e se alcanzou o descanso cunha diferenza de 3 a favor de Cataluña e todo por decidir (17-14).

Pero na segunda parte, as perdas de balón cando o equipo galego xogaba sen porteiro para ter superioridade numérica en ataque, foron as culpables de que os cataláns aumentasen a diferenza ata o 7 goles. Isto estableceu unha diferenza ao cabo insalvable, dada a enorme calidade técnico-táctica do rival, aínda que Galicia non baixaba os brazos e no seu afán por competir, reducía a diferenza a 5. Non foi suficiente e por tanto, os xuvenís terán que xogar os dous próximos días do 5° ao 8° posto. Espectacular o partido realizado por Carlos Álvarez e Mateo Arias, con 11 e 9 goles respectivamente.

(Postos 5º ao 8º: Mañá, Galicia – Euskadi (16:00 horas)

 Cadete feminino: C. Valenciana, 31 – Galicia, 25

31. C. Valenciana: Sabina Mínguez, María Cobo (3), Carla Zálvez (1), Nerea San Martín (1), Lucía Chumillas (9), Laura Martínez (3), María Pilar López, Candela Galíndez (5), Claudia Juan (2), Elena Balaguer (1), Paula Quiles, Vanessa Rubio, Isabel Sánchez, Carla Gallego.

25. Galicia: Alba Afonso (2), Nerea Arias (1), Lucía Álvarez (4), Lorena Vaello, Lucía Méndez, Helena Sánchez (2), Aroa Fernández, Yaiza Alonso (2), Lucía Villamarín (2), Mara González (1), Marián Mera, Candela Franco, Athenea Barreiro (4), Carla Baltasar (6), Noelia Solla (1), Carolina González.

Árbitros: Markel Domínguez e Igor Hurtado.

Parciais: 3-0, 5-1, 9-2, 10-4, 15-8, 17-10 (descanso), 20-11, 24-14, 25-18, 28-21, 29-22, 31-25 (final).

Foi case un calco do partido das infantís, no que un mal inicio lastrou ás cadetes durante o choque.

Nos primeiros minutos, perforar a portería contraria parecía case épico e aínda que Marián Mera baixo paos tamén fixo magníficas intervencións, os erros continuados en ataque puxeron o partido imposible moi pronto. No  minuto quince as galegas perdían 9-2. O seleccionador Adrián Pumar pediu dous tempos mortos antes de que se cumprise o minuto 12 para intentar buscar solucións ante esa defensa que se lles atragoou, pero parecía imposible superar ás valencianas, que defendía con moita dureza (permitida polos árbitros) e iso non é o que mellor lle encaixa aos nosos equipos. Ao descanso, 17-10 para Valencia.

Pese a todo, as nosas seguiron loitando, intentando, traballando. Na segunda metade Galicia chegou a perder por dez tantos, pero o euqipo non baixou os brazos e as xogadoras estiveron intensas ata o final (31-25). Agora só queda levantarse e pensar no partido de mañá.

Postos 5º ao 8º: Mañá, Galicia-Cantabria (09:30 horas)

Debes ser identificado introducir un comentario.