ESTA FIN DE SEMANA OFRECEREMOS CINCO PARTIDOS POR STREAMING DENDE CULLEREDO

Este fin de semana Culleredo será o centro de operación para as retransmisións por streaming da Federación Galega de Balonmán. Serán en total cinco partidos os que se ofrecerán dende o Pavillón de Almeiras, o que nos permitirá ver ás categorías base, así como tamén un partido de Primeira Autonómica Masculina.

Aquí tedes a programación que poderedes seguir en directo a través do canal de youtube da Federación Galega de Balonmán.

Sábado 14 de novembro:

12:00 horas, categoría infantil feminina: Bm. Culleredo Canosa Abogacía – Bm Brigantium. 

16:30 horas, categoría xuvenil masculina: Bm. Culleredo – Galitrans Bm Pontedeume

19:30 horas, categoría sénior 1ª Autonómica Masculina:  BM. Culleredo – Dispesán Café Bm Pontedeume 

Domingo 15 de novembro:  

10:00 horas, categoría infantil masculina:  Bm. Culleredo Constrc. Pereiro – Metalúrgica BB Xiria

13:00 categoría cadete masculina: Bm. Culleredo Indutec Ingenieros – S.D. Eume

Como xa vos contamos, a Federación Galega de Balonmán acadou un acordo coa empresa galega Galician Sports para poder retransmitir por streaming encontros do balonmán galego. O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor as nosas competicións e a súa imaxe, así como facer chegar a todos os fogares o balonmán galego, e moito máis agora, que o acceso aos pavillóns está moi limitado pola pandemia da COVID-19. Ao longo da tempada iremos facendo un percorrido polos diferentes clubs da nos aterra. A semana pasada comezamos en Ribadavia e agora tocou a quenda de Culleredo.

Así que, esta fin de semana tedes unha cita co balón dende o salón da vosa casa! Sentádevos cómodos e a gozar!

Debes ser identificado introducir un comentario.