O MELLOR EVENTO DE PROMOCIÓN DO BALONMÁN BASE CELEBRARASE NO CONCELLO DE PONTEVEDRA (PRAZA DE ESPAÑA) DO 2 AO 7 DE XULLO
No día de hoxe tivo lugar a presentación da Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra, o acto celebrouse no Pazo Provincial, onde acudiron o vicepresidente da deputación Rafael Domínguez, a vicepresidenta Luisa Sánchez e o presidente da Federación Galega de Balonmán Bruno López.
Bruno López destacou a importancia do apoio da Deputación Provincial de Pontevedra para facer realidade esta «Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra», unha administración que dende a chegada de Luis Sánchez se volcou co balonmán da provincia, facendo posible a celebración do España-Serbia masculino en Lalín, o España-Azerbaiyán feminino en O Porriño ou esta Copa 5×5 que marcará o inicio dun futuro circuito provincial que poida levar o balonmán a moitas vilas onde aínda o balonmán non ten presenza.
A «Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra» está pensada para que todos e todas as asistententes (participantes ou acompañantes) poidan desfrutar dun ambiente de balonmán, diversión e moitas moitas sorpresas.
A colaboración do Concello de Pontevedra e a implicación na promoción do evento dos dous clubs da cidade: S.D. Teucro e Club Cisne Balonmán, foi clave para que do 2 ao 7 de xullo, na Praza de España, máis de 300 nenos e nenas poidan desfrutar do noso deporte nun enclave único coma será o estadio de minibalonmán que a Federación Galega de Balonmán instalará en plena rúa; para que todos e todas as transeúntes poidan coñecer máis de preto un deporte tan nobre e agradecido coma o noso.
A «Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra» vai dirixida a nenos/as nados/as entre o ano 2012 e o ano 2016, as inscricións permanecerán abertas ata o 1 de xullo, e poderedes consultar toda a información no seguinte díptico informativo:
Esperámosvos a todos e todas na «Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra», un evento único que non te podes perder!!