O DÍA 1 DE DECEMBRO, ADESTRAMENTOS DAS NOSAS SELECCIÓNS

As nosas seleccións nos paran. Este domingo hai xornada de preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculinas e femininas), que se celebrará en Cantabria a comezos de 2020.

Este será o plan de traballo dos nosos combinados:

Selección infantil feminina: Adestrará en dobre sesión no Colexio San Narciso de Marín.

Selección infantil masculina: Os xogadores están citados no Pavillón Manuel Coto Ferreiro (pista de badminton) de A Estrada para unha sesión que comezará a partir das 16:30 horas.

Selección cadete feminina: Adestrará no Pavillón Manuel Coto Ferreiro (pista de badminton) de A Estrada a partir das 18:30 horas.

Selección cadete masculina: Tamén adestrarán no Pavillón Manuel Coto Ferreiro (pista sintética) de A Estrada a partir das 16:00 horas.

Selección xuvenil feminina: Están convocadas no Pavillón Manuel Coto Ferreiro (pista de baloncesto ) de A Estrada, para unha sesión de traballo que comezará ás 18:30 horas.

Selección xuvenil masculina: Tamén terá dobre sesión de traballo no Colexio San Narciso de Marín.

Nos seguintes enlaces tedes as convocatorias e o plan de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *