CARNES DO RIBEIRO PROVINCIA TERMAL E CAFETERÍA AZTECA BM PABELLÓN, CAMPIÓNS DA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE CADETE MASCULINA E INFANTIL FEMININA, RESPECTIVAMENTE

Hoxe celebrouse no Pavillón Paco Chao de Carballiño a Copa Deputación de Ourense das categorías cadete masculina e infantil feminina coas vitorias de Carnes do Ribeiro Provincia Termal e Cafetería Azteca BM Pabellón, respectivamente.

Na categoría cadete masculina logrou o título o Carnes do Ribeiro despois de vencer ao Fuchela Carballiño (31-18) e ao Pabellón de Ourense (21-25). O segundo clasificado foi o Pabellón de Ourense e terceiro, o Fuchela Carballiño.

Na categoría infantil feminina, logrou a vitoria o Cafetería Azteca BM Pabellón, que supero una final ao Manxares Carballiño.

No acto de entrega de trofeos participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Manuel Fernández Gil; o presidente do Comité de Competición da Federación Galega de Balonmán, Ismael Gómez Solla e a directiva da FGBm, Shaila Bautista.

Noraboa a todos os participantes!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *