A pasada fin de semana rematou a primeira fase da 2ª Autonómica Masculina, que determinou a composición dos dous grupos da segunda fase. Desta forma o Grupo polo Título está formado polos 4 primeiros clasificados de cada grupo (A e B) e o Grupo pola Final 4 está composto polo resto dos equipos.
No Grupo polo Título participan o Mecalia Atlético Guardés, BM Línea 21 Lignum Plus, Balonmán Narón, UB Lavadores B, Proquideza BM Loriga, Sanxenxo Balonmán, Club Balonmán Miño, Bueu Atlético Balonmán. O primeiro clasificado proclamarase campión de 2ª Autonómica e logrará o ascenso directo a máxima categoría do balonmán galego.
A segunda fase de ascenso decidirase na Final 4, na que participarán o segundo, terceiro e cuarto clasificado do grupo polo título e o gañador da eliminatoria pola final four, que disputarán o quinto clasificado deste primeiro grupo e o gañador do Grupo pola Final 4
A continuación tedes a composición dos dous grupos.

A competición comezará esta fin e semana e na seguinte ligazón podedes ver o calendario.