A COPA 5×5 DEPUTACIÓN DA CORUÑA LEVARÁ O BALONMÁN ÁS RÚAS DE SETE LOCALIDADES DA PROVINCIA

“A Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na rúa” levará o balonmán ás rúas de sete localidades da provincia, nun  proxecto dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos, que se achegarán ao balonmán dunha forma lúdica e deportiva.

Hoxe tivo lugar o acto de presentación da Copa 5×5 na sede da Deputación Provincial da Coruña, no que participaron a deputada de Deportes, Cristina Capelán, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López Molina. Cristina Capelán destacou o atractivo desta proposta que, ademais de promocionar os concellos con esta orixinal competición, “saca o balonmán dos pavillóns para que poida ser desfrutado polo público na rúa”.

 Capelán referiuse “ao importante papel da Federación Galega de Balonmán e a súa aposta de chegar a máis concellos nos que aínda non hai escolas ou clubs estables mediante iniciativas como esta, que permiten unha maior visibilidade a este deporte, achegando o balonmán a todos eses nenos e nenas que non o practicaron nunca e que ademais crean sinerxias entre o deporte e o tecido local”.

Pola súa banda, Bruno López, agradeceu a aposta da Deputación da Coruña por un proxecto “novidoso e valente, que nos permite darlle visibilidade ao noso deporte escapando dos pavillóns e montando unha gran festa lúdica e deportiva en lugares emblemáticos de sete localidades da provincia”.

O máximo responsable da FGBm referiuse á primeira proba da Copa 5×5, que se vai disputar esta fin de semana en Carballo, na que contan co apoio do Concello, dos centros escolares e do club Xiria: “Vai ser unha proba de fogo nun pobo que vive o balonmán con paixón”.

“A Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na rúa” contará cun total de sete sedes e na última, Camariñas, celebrarase a final na que participará os 6 campións da probas anteriores. O torneo comezará esta fin de semana (do 3 ao 5 de febreiro) na Praza do Concello de Carballo, e posteriormente desprazarase  a Cerceda (10-12 de febreiro), Ferrol (24-26 de febreiro), Muros (10-12 de marzo), Arzúa (24-26 de marzo) e Ribeira (14-16 de abril).

Nos lugares elixidos disporase unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para que as familias poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as. Os equipos participantes deberán ter un mínimo de 5 integrantes ademais dun/ha responsable (de máis de 16 anos). A inscrición é gratuíta e a Federación Galega de Balonmán está a contactar cos centros escolares das diferentes localidades, co obxectivo de impartir sesións de promoción do balonmán, nas que xa se introducirán unhas nocións básicas para xogar un partido desta modalidade.

Todas e todos os participantes recibirán unha equipación conmemorativa e os dous primeiros clasificados de cada proba en cada categoría recibirán un trofeo e medallas para todos os integrantes do equipo.

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse no seu propio centro escolar ou ben na seguinte ligazón.

501 Comments to “ A COPA 5×5 DEPUTACIÓN DA CORUÑA LEVARÁ O BALONMÁN ÁS RÚAS DE SETE LOCALIDADES DA PROVINCIA

  1. I have not checked in here for some time since I thought it was getting boring, but the last several posts are great quality so I guess I will add you back to my everyday bloglist. You deserve it my friend 🙂

Debes ser identificado introducir un comentario.